Notas
-
Valle-Inclán, Bernardo Atxaga, Marta Pessarodona, Kerstin Hensel e Zéno Bianu acaban de incorporar a súa obra ao Xardín das pedras que falan, localizada a carón do Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela. Por cada un dos novos autores/as descubriuse unha pedra cun breve fragmento da súa autoría que pasarán agora a conformar unha espiral de palabras iniciada a mediados do pasado ano con Rosalía de Castro.
-
Alguén que respira! II Festival de Poesía para o Corpo Principal, promovido polo Concello compostelán e pola Xunta de Galicia e posicionado desde a súa primeira edición como un dos máis importantes encontros arredor da poesía de toda a Península, congrega en Santiago durante a semana que vén a máis de cincuenta poetas, performers, músicos e actores para celebrar a poesía como forza aglutinadora da cultura.
-
Presentouse hoxe a nova colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña que acaba de ampliar o seu catálogo con novas pezas procedentes do Museo Nacional del Prado, do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e doutras institucións como o Círculo de las Artes de Madrid ou de préstamos de particulares. En total incorpóranse á exposición do museo coruñés 39 obras de distintos autores.
-
O concurso para músicos e bandas emerxentes SonidosMans acaba de abrir a convocatoria da súa terceira edición, organizada de novo pola Fundación Paideia Galiza coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O obxectivo é facilitarlles aos grupos e solistas que están a comezar a súa carreira unha plataforma de difusión do seu traballo.
-
A nova edición do programa No Bico un Cantar estará centrada na tradición musical da Raia, e se celebrará o vindeiro 7 de xuño en Tui. Baixo o título de 'Nenas e nenos cantan na Raia', o proxecto unirá música galega e portuguesa. Neste sentido, convidouse a participar ao alumnado da Academia de Música da Fortaleza de Valença e da Academia de Música José Atalaya de Fafe, ambas do país veciño. Ademais deles participarán as alumnas e alumnos dos 7 conservatorios profesionais de Galicia.
-
O Festival Atlántica comeza este martes, 12 de marzo, a súa sétima edición, que se vai desenvolver ata o vindeiro día 23 en 16 concellos de toda Galicia: Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis. Están programadas máis de 90 funcións dirixidas a todos os públicos e nas que participarán unha trintena de artistas.
-
A XXXIV edición da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros", evento declarado de Interese Turístico e Cultural, reunirá o vindeiro sábado, 8 de xuño, no castelo de Monterrei a músicos de Galicia, Bélxica, Croacia, Escocia e Alemaña. Na Xuntanza tamén se vai a inaugurar unha exposición de gaitas procedentes dos países eslavos no Hospital do Peregrino, no Castelo de Monterrei, que poderá visitarse ata o día 15 de xullo de 2019.
-
A música e as letras de Fran Pérez Narf volverán soar este xoves no Círculo das Artes de Lugo, no espectáculo ‘Encontrarte’, un espectáculo multidisciplinar co que o Lubicán, un dos ciclos de música galega feita por artistas da terra máis consolidados no panorama cultural de Galicia, rende tributo a un dos seus valedores cun concerto na súa lembranza co que agarda que a música de Narf non esmoreza co paso do tempo.
-
A Cidade da Cultura bota a andar hoxe o ciclo de debates escolares O valor da educación para a construción de sociedades libres, unha actividade coa que a Xunta de Galicia quere pórlle o alfinete de ouro —xunto ao concerto deste venres da Orquestra de Cámara Galega— á exposición do Museo Centro Gaiás 'Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra'. A mostra, que exhibe por vez primeira en Galicia o lendario cadro.
-
Na Biblioteca Xeral da USC consérvase o ‘Manuscrito Guerra’, unha colección de tonos humanos da segunda metade do século XVII que supón unha valiosa fonte para o coñecemento da música vocal profana para solista do barroco español. Precisamente este singular documento, unha das grandes xoias do barroco hispano, será o protagonista do concerto que a mezzosoprano Lidia Vinyes-Curtis e o arpa barroca Manuel Vilas ofrecerán o martes no Paraninfo da Universidade.