Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Festival Atlántica comeza a súa edición 2019 con máis actuacións e sedes ca nunca

Como salienta a súa directora, Soledad Felloza, trátase do “encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica” e de Galicia, “un referente do mundo da lusofonía”. Seguindo a liña doutras edicións, Atlántica recunca con espectáculos para todos os públicos e en espazos diversos. Volverán as contadas en lingua de signos, para bebés e para os maiores, e tamén os paseos con contos. As historias tomarán os teatros, as bibliotecas, os centros cívicos, os bares, as rúas, os parques e mesmo os cemiterios. O festival vai estrear novos formatos, como os contos de orella a orella nas rúas, as contadas cos cans nos parques e tamén haberá tapas atlánticas nos bares e tabernas.

Un triplete para comezar

A primeira función de Atlántica 2019 vai ser, a partir das 18 horas, na Aula de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. A narradora tinerfeña Laura Escuela levará ata alí as súas ‘Animaladas’, unha sesión de historias tradicionais e álbums ilustrados cos animais como protagonistas que estará acompañada por instrumentos musicais.

Á mesma hora na librería Follas Novas estará o contador Pep Bruno de Guadalaxara. O artista brindará unha sesión do seu espectáculo ‘Na miña mochila traio contos’, dirixido ao público familiar con entrada gratuíta ata completar aforo. Unha invitación a descubrir todas as historias que Bruno vai colleitando nas súas viaxes polo mundo e que constitúen unha auténtica festa da palabra dita.

A primeira xornada do Festival Atlántica rematará cunha función de ‘Por unha peseta’ da compañía galega Apatacón no local Borriquita de Belem (21 h, 6 euros, venda no local). Neste espectáculo conxunto de Vero Rilo e Paula Romero converxen voz narrada e cantada “para atopar canto vale unha peseta”. Historias de vida próximas e afastadas que se xuntan nunha peza para achegar a partes iguais o humor, a sensibilidade e a tenrura propias da nosa xente. ‘Por unha peseta’ é unha volta aos tempos dos nosos devanceiros, pero desde un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións, historias e retranca.

Os artistas

Laura Escuela (Tenerife) é mestra en Educación Infantil, licenciada en Psicopedagoxía e conta, a maiores, cun Mestrado en Promoción e Animación Lectoras. Traballa desde hai máis de dez anos arredor do mundo da literatura infantil, a música e a discapacidade. Dedícase á narración oral desde o 2008 e cómpre salientar que nos últimos anos ten levado a cabo proxectos pioneiros de sesións de bebecontos en bibliotecas de Canarias.

Pep Bruno, barcelonés afincado en Guadalaxara, é licenciado en Filoloxía Hispánica, Teoría da Literatura Comparada e diplomado en Traballo Social. Comezou a contar contos en 1994 e desde aquela xa percorreu numerosos festivais de todo o mundo compartindo historias para nenos e adultos. Compaxina a súa actividade como narrador coa súa faceta de blogueiro e coa impartición de cursos, conferencias e obradoiros literarios e de creación. Tamén organiza actividades de animación á lectura, escribe artigos de reflexión en revistas especializadas e colabora decote cos medios de comunicación. No ano 2010, coa obra ‘La familia C’, ganou o III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado outorgado pola Editorial Kalandraka en colaboración co Concello de Santiago. Os seus libros están traducidos a máis de dez linguas.

Vero Rilo é contadora e educadora. No ano 2013 decidio mergullarse no eido da narración e formou a compañía Daboapipa e, máis tarde, o dúo Rilo&Penadique a carón de Sonsoles Penadique. É unha participante habitual dos encontros narrativos galegos e tamén das programacións das redes AGADIC, Cultura no Camiño, Programa Apego, Deputación de Lugo, Deputación da Coruña, etc. É unha das transmisoras de emocións máis importantes do momento, unha narradora cunha forza, técnica e expresividade que a fan única e inesquecible.
Paula Romero é unha cantora galega que medrou arredor da música tradicional. Petou forte na pandeireta desde nena e foi máis adiante cando estudou canto moderno. Na actualidade está a traballar nos proxectos De Vacas, A Gramola Gominola e Coro Encaixe.
Festival Atlántica

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información