Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • 362 universitarios acadan os premios de excelencia académica 2017/18, dos que máis dun 60 por cento recaen en mulleres
    Un total de 362 estudantes universitarios álzanse cos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial. A meirande parte dos premios (o 64,4%) recaeron en mulleres, polo que estas acaparan máis de 6 de cada dez galardóns fronte ao 35,6% dos homes. O 42,31% dos premios concedidos foron para a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o 31,04% para a Universidade de Vigo (UVigo) e o 24,65% para a Universidade da Coruña (UDC).
  • A sostibilidade, eixo das V xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global
    A Oficina de Desenvolvemento Sostible e o Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC organizan, co apoio da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento, a quinta edición das xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EDCG) que este curso centran a súa atención na sustentabilidade. Así, comparte o lema ‘Defendemos a educación, sostemos o mundo’ da Campaña Mundial pola Educación (CME).
  • Convocados os Premios Camiño de Santiago 2019 que distinguen o papel da sociedade e institucións no eido xacobeo
    Os premios convocados están distribuídos en catro categorías: actuacións realizadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas galegas; actuacións realizadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago; actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou pemes; e iniciativas de carácter académico, investigador ou educativo.
  • Moncho Borrajo, José Luis Cuerda e Alejandro Dolina serán os premiados no Encontro Mundial de Humorismo
    Moncho Borrajo, José Luis Cuerda e Alejandro Dolina estarán na Coruña o 19 de maio como premiados –e invitados de honra- do Encontro Mundial de Humorismo. Os tres xenios da comedia desfilarán pola primeira alfombra vermella do humor acompañados por personalidades do mundo da cultura na gala espectáculo “Fantastic Colofon”. O obxectivo é converter A Coruña nun punto de encontro para a industria e os profesionais do humor.
  • A 56ª Feira do Viño do Ribeiro terá lugar no mes de maio en Ribadavia
    A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio en Ribadavia, e da a coñecer dúas actividades novidosas para a presente edición. Por un lado, decidiuse facilitar o procedemento de contacto entre os profesionais e as adegas participantes mediante un sistema de rexistro. Doutra volta, tamén se presenta o RibeiroBUS, para achegar a cultura do viño aos asistentes.
  • Os Náufragos Teatro estrea na Coruña o seu novo espectáculo, Karelu
    Karelu sitúanos no conflito sobre un feito. O fillo de Martín ten un Karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán, necesita aclarar con el o que pasou, a partir de aí comeza unha viaxe o pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e como foi a educación recibida polos seus pais. Karelu fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedades actual.
  • As bandas de rock Marea e Siniestro Total, as primeiras confirmacións para o cartel das Festas de Ourense 2019
    O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes máis senlleiros do panorama rock. Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar 'El azogue', o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O segundo dos concertos confirmados é o dos vigueses Siniestro Total, que celebran 35 anos desde a súa formación.
  • O Museo Provincial de Lugo lembra a obra de Luís Seoane, no Día das Artes Galegas
    A Real Academia Galega de Belas Artes dedica o Día das Artes Galegas 2019, que se celebra este luns, 1 de abril, ao polifacético artista Luis Seoane. “Por iso, desde o Museo Provincial de Lugo, ao tempo que nos sumamos ao recoñecemento ao ilustre personaxe, aproveitamos para convidar aos nosos visitantes a coñecer as obras de Seoane que o Museo Provincial expón nas súas salas ou conserva nos seus almacéns”, avanzou a Deputada de Cultura.
  • A Deputación da Coruña afonda na relación de lingua e xéneros na cuarta entrega de 'Malas linguas'
    A cuarta xornada de Malas linguas: activando falantes para o século XXI desenvolverase desta volta na Coruña o vindeiro venres. O Pazo Provincial acollerá o encontro organizado pola área de Normalización Lingüística e Cultura da Deputación da Coruña en que participará o persoal técnico dos concellos, alunado e público para afondar na Lingua e xéneros. Esta xornada nace para ser unha ferramenta interesante para eliminar o sexismo no uso da lingua.
  • A exposición '350 anos da ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado' chega a Ourense
    O colectivo Egeria preparou para o Centro Eucarístico Lucense e a Catedral de Lugo, a exposición 350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO, con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen a facer en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 85
  • 86
  • 87
  • 88
  • 89
  • 90
  • 91
  • 92
  • 93
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información