Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Yolanda Castaño crea a Residencia Literaria 1863, asociada a un programa de bolsas de creación no estranxeiro
    Situada na rúa coruñesa Rego de Auga, a poucos pasos de onde naceran a Real Academia Galega e as Irmandades da Fala, eríxese o histórico edificio de 1863 que alberga o novo e meirande proxecto da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño. Logo de 25 anos dedicados á creación, divulgación e xestión cultural no eido da poesía, Castaño afronta na súa iniciativa máis ambiciosa, que promove a produción de escrita creativa e a internacionalización da literatura galega.
  • Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García e Adriana Domínguez, na Ourense ICC Week
    A quinta edición da Ourense ICC Week, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense, estrea unha nova vertente creativa, a moda. E faino da man de tres importantes profesionais do sector: Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García e Adriana Domínguez. A xornada inaugural da semana creativa correrá a cargo destas mulleres, que representan marcas de prestixio internacional.
  • O Museo Galego do Entroido, en Xinzo de Limia, abre ao público en sesións de mañá e tarde
    O presidente da Deputación de Ourense asinou hoxe co alcalde de Xinzo de Limia o convenio por medio do cal a Deputación asume a xestión do Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, o que permitirá que este espazo expositivo abra as súas portas de maneira regular "poñendo a disposición do público, coa colaboración do Concello de Xinzo e da asociación "A Pantalla", un espazo expositivo único en Galicia que amosa a riqueza do carnaval".
  • A Real Filharmonía de Galicia estrea unha obra de Adrián Saavedra
    Continúa a Tempada de Música Clásica de Afundación, organizada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo, no Teatro Afundación de Vigo. O seguinte concerto será o 27 de febreiro cun concerto da Real Filharmonía de Vigo baixo a batuta de Jonathan Webb no que se estreará unha obra, Macaréu, encargada pola agrupación a Adrián Saavedra. Tamén interpretarán a Sinfonía nº 6 en re menor, op. 104, (Sibelius), e a Sinfonía nº 5 en re maior (Vaughan Williams).
  • Concerto de María do Ceo como colofón ás actividades paralelas á mostra 'Sonoro empeño'
    O período expositivo de «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» producida por Afundación, a Obra Social de ABANCA, chega ao seu fin e faio cun concerto a cargo de Maria do Ceo, quen presentará o seu novo disco, A fadista. O recital será o vindeiro 1 de marzo, a partir das 19.00 h na Sala de exposicións da Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8), e as entradas xa se esgotaron.
  • Convergências Portugal-Galiza estreita os vínculos entre as dúas bandas do Miño para homenaxear a Rosalía
    A Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza estreita por quinto ano consecutivo os vínculos entre as dúas bandas do Miño para homenaxear a Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades que ofrece exposicións, música, cinema, poesía, tertulias e teatro nas localidades de Braga (Portugal), Padrón e Santiago de Compostela, promovido pola formación Canto D'Aqui e polo Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade do Minho.
  • Teatro do Noroeste presenta a súa última montaxe baseada en textos de Valle-Inclán 'Da avaricia, a luxuria e a morte'
    O vindeiro sábado 23 de febreiro Teatro do Noroeste presenta no Teatro Rosalía Castro da Coruña a súa última montaxe 'Da avaricia, a luxuria e a morte', baseada nos textos de Valle-Inclán: ‘Ligazón’, ‘A cabeza do Bautista’ e ‘A rosa de papel’. Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Inma António e Miguel Pernas protagonizan a montaxe baixo a dirección de Eduardo Alonso.
  • 'Escenas do cambio' sube ao teatro a adolescentes galegos non actores para coñecer as súas inquietudes e incertezas vitais
    ‘Escenas do cambio’, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, sube mañá xoves ao escenario a adolescentes galegos non actores para que vertan en ‘Gatillo da felicidade’ as súas inquietudes, incertezas e conflitos vitais, baixo a análise e pescuda común entre todos eles sobre a súa perspectiva da quimérica felicidade na sociedade actual.
  • A Coruña acollerá 'The Hole Zero', un espectáculo de cabaré, circo e humor centrado na música disco
    Regresa á cidade da Coruña o espectáculo ​The Hole​. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento deu a coñecer que o Coliseum acollerá do 28 de febreiro e até o 3 de marzo diversas representacións de The Hole Zero, Nesta ocasión, a acción sitúase nos anos 70 e 80, concretamente, na noite de Fin de Ano de 1979. Será un evento de cabaré, música, circo e humor moi diferente ás anteriores presentacións da saga na cidade.
  • Pablo Milanés, Antonio Orozco ou Enrique San Francisco encabezan o programa do Auditorio de Ourense do primeiro semestre
    Pablo Milanés, Bustamante, Antonio Orozco ou Coti, no panorama musical, así coma o monologuista Enrique San Francisco, son algúns dos nomes que pasarán, durante o primeiro semestre do ano, polo Auditorio de Ourense. A presentación da oferta cultural deste espazo, un dos máis activos e dinamizadores da vida cultural desta cidade, contempla actividades para todos os públicos.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 88
  • 89
  • 90
  • 91
  • 92
  • 93
  • 94
  • 95
  • 96
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información