Notas
-
A adolescencia e o seu mundo protagonizan 'Los pavos trufados”', a última obra do escritor, filólogo e xornalista coruñés Vicente Araguas, un libro de relatos Casa de Galicia en Madrid. Nel Araguas “recupera a adolescencia, esa idade do pavo segundo o termo tan cruel”. Con 'Los pavos trufados', Vicente Araguas regresa á publicación de relatos para facer unha literaria homenaxe á adolescencia e ao seu mundo
-
A banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense), que ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio. Inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías para «lembrar e poñer en valor todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra», en palabras de Bieito Romero.
-
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia presentou o Obradoiro de Novela Cidade da Cultura, unha actividade pensada para axudar a desenvolver o talento de novos valores na literatura galega. Os participantes no curso aprenderán da man de escritores e escritoras galegas de éxito e co apoio dunha axencia literaria profesional, Rolling Words, que lles brindará a súa experiencia no mundo da edición e mesmo servirá de ponte ao profesionalismo para aqueles cun desempeño sobresaínte.
-
O Festival Noroeste Estrella Galicia continúa coa súa programación prolongada ao longo de todo o ano grazas á Selección Noroeste, o seu ciclo de directos singulares para padais exquisitos, que regresa neste comezo de 2019 con tres novos concertos para gozar das mellores bandas e artistas desde o patio de butacas.
-
Artistas, público, editoriais, institucións e librarías daranse cita a vindeira fin de semana na Feira de Edición e Libro Ilustrado (FëLiiC) e os encontros Open Miic que a Deputación da Coruña organiza como actividades paralelas á Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea en Santiago de Compostela.
-
O profesor ad honorem na Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC Max Jean Zins abordará este martes 22 de xaneiro, a partir das 20.00 horas, a situación xeopolítica do subcontinente indio a no marco xornada de clausura do ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’, un programa de relatorios a través do que Max Jean Zins afondou sobre as semellanzas advertidas entre estes dous países, ao tempo que tratou outras problemáticas análogas en ambos territorios.
-
Este mércores o Ateneo de Santiago e Histagra Grupo de Investigación da USC presentarán o último ensaio publicado pola editorial Galaxia titulado Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, edición de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. O acto (19:30, sede de Afundación) contará coa participación dos Catedráticos de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares e Lourenzo Fernández Prieto.
-
A nova programación de artes escénicas de Santiago ofreceralle ao público compostelán 25 espectáculos, dos que 10 chegan á cidade a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto de exhibición que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e en colaboración coas entidades locais xestoras dos seus 40 espazos asociados.
-
Trátase dun traballo que intenta mellorar a concienciación social sobre os problemas emocionais e os trastornos mentais, procurando reducir o estigma asociado con eles. O proxecto galego de biblioterapia rexistra inicialmente 142 libros recomendados para apoiar o proceso terapéutico de trastornos e problemas moi variados. É unha lista coidadosamente seleccionada, avaliada e validada por expertos tanto do eido sanitario como do literario-lector.
-
Trinta e dous anos despois de deixar a súa terra natal, Carla volve ao seu pobo despois de ter conseguido unha existencia acorde á súa identidade e xénero. Durante o documental e o debate posterior a actriz e activista fará balance do camiño percorrido. O 19 de xaneiro terá lugar unha proxección organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co movemento LGTBI. O filme foi gañador do premio ao Mellor Documental nacional e internacional e Premio á mellor obra española en Lesgaicinemad 2014.