Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Afundación presenta a exposición 'Terras de salitre. Cristina Mittermeier'
    Afundación presenta en Ferrol a exposición fotográfica «Terras de salitre. Cristina Mittermeier», un percorrido polas zonas do mundo nas que o ser humano explota os recursos marítimos dunha forma respectuosa e sustentable realizado pola fotógrafa mexicana Cristina Mittermeier. A mostra, conformada por fotografías de Grenlandia, Hawai, India, Madagascar, Columbia, Abralhos, a Antártida e Galicia, inaugurarase o 24 de xaneiro na Sede Afundación de Ferrol.
  • A Delegación da Xunta en Lugo acolle ata o 14 de xaneiro a mostra das 25 obras presentadas ao XXIX Certame Galego de Arte do Belén de Begonte
    A sala de exposicións da Delegación territorial da Xunta en Lugo acolle ata o vindeiro 14 de xaneiro a mostra das 25 obras pictóricas presentadas á XXIX edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, unha das iniciativas culturais convocadas ao abeiro do Belén Electrónico de Begonte, declarado de interese turístico galego.
  • 'O Camiño de Santiago debuxado' rende homenaxe ao itinerario francés como Patrimonio Mundial no Museo das Peregrinacións
    Coincidindo co ano do 25 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco que se conmemorou en 2018, a Consellería de Cultura e Turismo vén impulsando a exposición O Camiño de Santiago debuxado, que permanece no Museo das Peregrinacións e de Santiago da capital galega durante este mes de xaneiro.
  • As historias do audiovisual en Galicia protagonizan os Papeis da Academia 2018
    A memoria anual da Academia Galega do Audiovisual, coñecida como Os Papeis da Academia, publícase con textos de María Yáñez, Brais Romero, Cibrán Tenreiro e fotos de Tamara de la Fuente en formato revista web que se pode consultar en papeisdaacademia.gal. Os Papeis da Academia contan co patrocinio do Concello da Coruña e coa colabroación da Fundación TIC, de Lugo.
  • 'Nadal en Rede' celebra as festas en galego en máis de vinte concellos
    O programa de dinamización lingüística Nadal en Rede, impulsado desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, ten nesta última fin de semana do ano un calendario especialmente intenso. Entre este venres e o domingo, 21 localidades galegas acollerán concertos e actividades musicais, obradoiros e sesións de teatro. Destacan no programa Lucía Pérez, A Banda da Loba ou os irmáns Bolechas.
  • 'Os amorodos de Bergman' de Fernando Redondo Neira, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018
    O profesor, xornalista e investigador galego Fernando Redondo Neira (Boqueixón, 1971) fíxose coa XVIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, galardón que convocan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa, pola obra Os amorodos de Bergman. Está dotado con 3000 euros e coa publicación do traballo por Galaxia.
  • Os Bolechas viaxan ao Polo Norte da man de 'Nadal en Rede'
    Os irmáns animados máis famosos de Galicia, Os Bolechas, emprenden este sábado, 22 de decembro, unha nova viaxe da man do programa Nadal en Rede, no que levarán a súa actividade –que conta coa colaboración de Gadis e mais da Compañía Radio-Televisión de Galicia (CRTVG)– ao Porriño, Viveiro, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vimianzo, Ourense, Muros, Ponteareas e Rianxo, ata o día 7.
  • O Premio Otero Pedrayo recoñece as traxectorias pioneiras da pedagoga Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán
    A pedagoga e ensinante Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán recibiron o Premio Otero Pedrayo nun acto que se desenvolveu na Biblioteca da Deputación da Coruña e que reuniu representantes das catro deputacións e da Xunta de Galicia, institucións convocantes do premio, ademais doutras entidades. A Deputación da Coruña foi nesta nova edición a organizadora dun premio que ten carácter rotatorio e que por vez primeira recaía en dúas mulleres.
  • 12 artistas visuais protagonizan a Axenda Feminista 2019 do Observatorio da Mariña pola Igualdade
    O Complexo artístico Regal Xunqueira, en Viveiro, acollerá este venres 21 de decembro, ás 20:00 h. unha das presentacións da Axenda Feminista 2019 do Observatorio da Mariña pola Igualdade, dedicada ás artistas visuais galegas. Este ano a axenda tráenos a obra, o discurso e a traxectoria de 12 mulleres do panorama artístico galego contemporáneo.
  • Xa dispoñible o Archivo Digital Valle-Inclán (1888-1936), con 4.500 documentos e 80.000 imaxes
    Froito de máis de vinte anos de traballo, o Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC (GIVIUS) presentou este martes na Facultade de Filoloxía o Archivo Digital Valle-Inclán (1888-1936), que contén o fondo documental, bibliográfico, iconográfico e gráfico do escritor, con 4.500 documentos e 80.000 imaxes dixitalizadas. En versión trilingüe galego-español-inglés, o Arquivo pode consultarse de maneira libre.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 91
  • 92
  • 93
  • 94
  • 95
  • 96
  • 97
  • 98
  • 99
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información