Notas
-
A Cidade da Cultura celebrará o venres 26 de abril un concerto do cantautor brasileiro Gustavo Almeida na Biblioteca e Arquivo de Galicia, dentro do programa de actividades da Dirección Xeral de Políticas Culturais para conmemorar o Día do Libro (23 de abril). O artista, que leva 20 anos instalado en Galicia, actuará coa súa banda no Auditorio Neira Vilas e as entradas xa están á venda.
-
O Festival de Jazz de Primavera de Ourense chega á súa edición número 23 cunha sensacional escolma de formacións musicais, e con 11 concertos que se desenvolverán desde o día 4 de abril ate o 4 de xuño. Será unha edición con ampla presenza de jazz flamenco, da man de Diego Amador, ou dos tríos formados por Antonio Serrano, Josemi Carmona e Javier Colina, así como por este último acompañado por El Bola e Bandolero.
-
Historia, literatura e audiovisual conflúen na exposición Recreando personaxes, que pode verse desde hoxe e ata o 28 de maio no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. 'Recreando personaxes' amosa pegada que as actrices e actores galegos deixaron no noso imaxinario poñéndose na pel de relevantes figuras históricas e literarias.
-
Inaugúrase 'Máis alá do Estereotipo', primeira exposición individual da artista Mery Pais en GaliciaComisariada por Íñigo Rodríguez, a exposición recolle o máis importante traballo da autora desde os seus anos de formación no Instituto de Belas Artes de Tetuán ata os proxectos máis recentes. As pezas escollidas para Máis alá do Estereotipo mostran a súa versatilidade técnica, con fotografía, vídeo instalación, cerámica, instalación sonora ou neon. Pais é unha creadora Valente e controvertida que aposta nas súas obras por unha arte abertamente política.
-
O Festival Atlántica vén de clausurar oficialmente a súa sétima edición o pasado sábado, 23 de marzo, logo de 12 xornadas que se desenvolveron en 16 concellos diferentes. A cifras deste ano converten ao festival no encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica: 8080 espectadores, 30 artistas e 87 funcións. O festival segue a apostar por funcións para todos, desde bebés ata encontros con maiores e incluíndo pases en lingua de signos.
-
Trece Concellos das comarcas do Barbanza e Santiago participarán nos próximos meses en “Tecendo Soños”, un proxecto de recuperación e divulgación do canto de arrolar dirixido pola soprano noiesa Esperanza Mara. Unha iniciativa que nace co patrocinio dos Concellos de Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, Rianxo, Ribeira e Rois, e coa colaboración dos Concellos de A Pobra do Caramiñal e Porto do Son.
-
A décimo sétima edición do Encontro Universitario de Danza (EUD) presentará os días 1 e 2 de abril no Teatro Principal as producións propias de cinco compañías de danza. Ás catro da USC -DanzaUSCompostela, DanzaUSC-Lugo, ‘Sen Vergoña’ e Schattenidentitäten- que naceron ao abeiro do Espazo de Danza da USC baixo a dirección de Juan Carlos Zahera únese a Aula de Danza da Universidade de A Coruña. A entrada ás funcións é libre e gratuíta ata completar aforo.
-
O espazo humano da lusofonía implica unha comunidade humana que supera os 250 millóns de habitantes, dinámica no económico e cultural, plural e diversa, unida desde a lingua portuguesa e as súas variantes, a historia e as particularidades propias de cada quen. O contexto do século XXI e as dinámicas da globalización na sociedade internacional, están no xermolo destes procesos de organización global.
-
A 24ª edición do Ourense Film Festival celebrarase do 27 de setembro ao 5 de outubro e a súa sede oficial será o centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense. En canto á convocatoria da sección oficial de longametraxes, as bases recollen que poderán concursar as persoas físicas ou xurídicas (produtoras, distribuidoras...) que posúan o debido control legal sobre as obras que presenten á competición.
-
O colectivo de mulleres artistas 85C ultima a segunda edición do festival punk e feminista: Nas Verzas, máis duras cós cañotos das verduras, que este ano ofrecerá un mercadiño, actuacións na rúa, varios concertos e pinchadas, obradoiros e un faladoiro. Unha grande cita cultural que terá como pano de fondo a relación entre o rural galego e a escena máis underground do garaxe e do punk. "O noso lema fai lembranza ás nosas avoas, esas bravas que loitan cada día na súa casa, no campo, coa súa familia…"