Notas
-
Transcorrido máis dun ano do xurdimento da pandemia da covid-19, a Universidade de Vigo retoma esta semana a súa programación cultural e faino máis comprometida que nunca coas creadoras e creadores locais e convencida de que, nestes momentos tan duros para o sector cultural, as institucións públicas deben dar un paso adiante na promoción e valorización da cultura galega.
-
O Colectivo Egeria pon en marcha a web maragatosdelugo.org, para dar comezo ao seu traballo en relación coa histórica familia maragata Pérez-Carro, asentada na capital lucense desde 1880. A elección desta data débese a que o luns 19 de abril, cúmprense 40 anos do falecemento de Tomás Pérez-Carro García, representante da segunda xeración desta familia, cuxos pais, Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro chegaron á capital lucense procedentes de Santa Colomba de Somoza, capital da Maragatería leonesa.
-
6coreógrafas, coordinado pola creadora e bailarina Paula Quintas, arranca cunha serie de obradoiros e terá continuidade do 23 ao 25 de abril con seis funcións e os seus respectivos coloquios, para os que se conta tamén coa participación de Alejandra Balboa, Clara Ferrao, Begoña Cuquejo, Marta Alonso e Andrea Quintana. Inicialmente celebraranse tres obradoiros dirixidos ao alumnado de varias escolas de danza e asociacións.
-
Creador literario, crítico e historiador da literatura, gramático e lingüista; mais tamén planificador da lingua, sempre preocupado pola estandarización do galego; estas son algunhas das facianas do 'traballador infatigable' Ricardo Carvalho Calero. Así o definiu o profesor Francisco Cidrás, coordinador da obra 'Ricardo Carvalho Calero. As formas do compromiso', cuxa presentación centrou o acto institucional do Día das Letras galegas 2020.
-
Aínda que cun aforo reducido, o ciclo de cinema documental Docs del Mes, que a Universidade de Vigo promove en Pontevedra coa colaboración do Concello, retorna o vindeiro luns ao Teatro Principal. Farao coa proxección, ás 19.00 horas, de Oeconomía, un filme no que a directora alemá Carmen Losmann aborda 'as regras do capitalismo contemporáneo e como estas fan crecer sistematicamente o déficit e a concentración de riqueza'.
-
A compañía de teatro USC-Lugo, que dirixe Carmen Conde, completou o aforo do auditorio municipal Gustavo Freire na apertura do XXVII Festival de Teatro Universitario, un certame organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, coa estrea da obra ‘A Emperadora’, escrita e dirixida pola propia Carmen Conde.
-
O profesor de Educación Visual e Plástica da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo Salvador do Cidrás presenta no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo 'As formas partilladas', un proxecto desenvolvido en colaboración con Juan Cidrás, no que se investiga o medio cerámico e textil desde unha perspectiva escultórica e pictórica.
-
A covid-19 obrigou o pasado ano a suspender o Congreso Internacional de Mediación Lectora, un evento promovido pola Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil e centrado nese labor de 'ponte' que diferentes axentes establecen 'entre o libro e a infancia e a mocidade', como salienta a súa coordinadora, a profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Eulalia Agrelo.
-
Celébranse esta semana os Días Europeos da Artesanía a través de diferentes actividades de promoción e de divulgación dos oficios artesanais galegos. O evento, que comezou onte e remata o domingo 11 de abril, é unha iniciativa promovida en España pola Escuela de Organización Industrial (EOI) e pola súa área de promoción da artesanía, Fundesarte.
-
En 2020 cumpriuse o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo. Cando Alonso Montero recibiu o Premio da Cultura Galega 2019 lembrouno: que ía facer Galicia para homenaxealo? Pois ben, a exposición na Cidade da Cultura 'As miradas de Isaac', a exposición nunha sala do Castelo de Santa Cruz 'Ensemble Isaac'… intervencións por parte dalgún concello e un blog no que se foron publicando 'Unha manda de pezas para Isaac', unha por día.