Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Sementeira no Camiño: O cinema e a poesía percorren o Camiño de Santiago do 9 ao 13 de xuño
    Este programa enmarcado dentro das celebracións do Xacobeo 21-22 leva a poesía e o cinema a cinco vilas galegas emblemáticas do Camiño Portugués: Iria Flavia, Redondela, Pontecesures, Cesantes e Tui. Deste xeito, a arte tamén percorrerá durante cinco etapas o Camiño de Santiago, achegando a súa maxia a habitantes e peregrinos para que coñezan a poetas galegas, así coma filmes nos que o Camiño é o protagonista.
  • 'Mazurca para 2 poetas': Voces novas na Fundación Pública Camilo José Cela
    Co gallo do 30 aniversario da inauguración da Fundación Pública Galega e baixo a coordinación de Yolanda Castaño, a institución de Iria Flavia organiza o ciclo 'Mazurca para dous poetas', inspirado na empatía que Camilo José Cela sempre demostrou polos autores mozos/as, e nos seus propios iniciáticos (e poéticos) pasos nas letras. A proposta seleccionou tres novas pero, á vez, sólidas voces da poesía galega e española e convidounas a que identificasen os seus auténticos referentes na poesía mundial contemporánea.
  • Unha viaxe a Bangladesh da man da mostra 'Dez anos en Daca'
    A exposición 'Dez anos en Daca' é o resultado da curiosidade de Santiago Fernández Mosquera por coñecer o país que acolle, dende hai dez anos, o proxecto da Cátedra Inditex de Lingua e cultura españolas na Universidade de Daca, da que é na actualidade director. As imaxes expostas no Claustro Alto de Fonseca non pretenden ser unha visión xeral de Bangladesh, senón unha mostra concreta das súas xentes, os estudantes da súa universidade, algúns oficios e paisaxes afastados da cidade e, en xeral, o ambiente dun lugar ateigado de vida.
  • A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas afronta a súa 38 edición con dez días de teatro con catro estreas absolutas
    O mes de xullo arrancará coa inauguración da 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que encherá de teatro a vila ao longo de dez días. Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia.
  • O libro 'Aquela nena de Sarria' completa o proxecto-homenaxe do Colectivo Egeria a Xela Arias
    Tivo lugar en Sarria o acto de presentación do libro-catálogo da exposición Aquela nena de Sarria, homenaxe a Xela Arias -autora á que a Real Academia Galega lle dedicou este 17 de maio- incluída no proxecto homónimo que tamén contén o espazo web monográfico aquelanenadesarria.gal e que desenvolve desde marzo o Colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
  • Presentada a XXXVII Feira do Libro de Ourense
    Có título xenérico de LIBROS NO CAMIÑO que da nome ás Feiras do libro deste ano 2021 lembrando a celebración do Ano Xacobeo, celebrarase dende o vindeiro mércores día 2 de xuño, ata o sábado día 5 de xuño na Rúa do Paseo de Ourense a XXXVII edición da FEIRA DO LIBRO da cidade. A de Ourense é a cuarta das doce Feiras que se van celebrar ao longo da xeografía galega ata o mes de agosto.
  • A USC homenaxea a transgresión e o compromiso de Xela Arias, a autora que denunciou os 'falsos equilibrios'
    'Son conscientísima de que o utilizar unha lingua minoritaria cérrame portas e de que iso non me fará cambiar de idioma'. Coa lectura destas verbas escritas por Xela Arias en 1988 deu comezo o relatorio co que a profesora Chus Nogueira repasou a traxectoria da autora homenaxeada co gallo do Día das Letras Galegas 2021. A USC sumouse á celebración cun libro no que se reuniu unha serie de estudos, textos e materiais que ilustran distintas facetas da vida e da obra da autora homenaxeada.
  • Yolanda Castaño e Isaac Garabatos pechan cun espectáculo poético-musical o Mes das Letras da UDC
    A área de Cultura da UDC remata o Mes das Letras co espectáculo poético/musical 'Idioma da tinta', a cargo de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos na sala Cubo do espazo de intervención cultural da UDC. Inquedos dinamizadores culturais ambos os dous desde A Coruña e Vigo, a poeta Yolanda Castaño e o músico e compositor Isaac Garabatos comezaron en 2006 a unir as súas linguaxes creativas en videocreacións e pequenos espectáculos multidisciplinares.
  • Irene Montero Díaz gaña con “Lúa Nova” a oitava edición do Concurso Internacional de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira
    Irene Montero Díaz, con “Lúa Nova”, é a autora galardoada nesta oitava edición do Concurso Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Así se deu a coñecer no salón de plenos do consistorio ribeirense nun acto que estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contou tamén coa participación de Fran Alonso, director de Edicións Xerais; da concelleira de Cultura, Maria Sampedro; da propia autora e de varios membros do xurado, entre outos.
  • O documental 'Xela Arias. Poeta nas marxes' chegará a 30 localidades de Galicia
    A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra da homenaxeada no día das Letras deste ano, deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 45
  • 46
  • 47
  • 48
  • 49
  • 50
  • 51
  • 52
  • 53
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información