Notas
-   
  
  
   A Cidade da Cultura programa o sábado 20 o espectáculo Galicia Máxica, unha proposta da contadora Marta Ortiz cun repertorio composto por contos tradicionais galegos e portugueses. Esta sesión de contacontos, especialmente dirixida á cativada de entre 4 e 11 anos, contará con entrada de balde e poderá seguirse en directo por streaming. A Cidade da Cultura programa o sábado 20 o espectáculo Galicia Máxica, unha proposta da contadora Marta Ortiz cun repertorio composto por contos tradicionais galegos e portugueses. Esta sesión de contacontos, especialmente dirixida á cativada de entre 4 e 11 anos, contará con entrada de balde e poderá seguirse en directo por streaming.
-   
  
  
   Aínda que este ano o Festival Atlántica vaise celebrar durante o verán, o veterano encontro non quere deixar de festexar unha das súas citas máis emblemáticas: o Día Internacional da Narración Oral. Daquela, este sábado, 20 de marzo, e grazas á colaboración cos festivais Sete Falares de Pontevedra e Falando a Boca Chea da Coruña, unha vintena de espectáculos vanse desenvolver en múltiples puntos de Galicia. Aínda que este ano o Festival Atlántica vaise celebrar durante o verán, o veterano encontro non quere deixar de festexar unha das súas citas máis emblemáticas: o Día Internacional da Narración Oral. Daquela, este sábado, 20 de marzo, e grazas á colaboración cos festivais Sete Falares de Pontevedra e Falando a Boca Chea da Coruña, unha vintena de espectáculos vanse desenvolver en múltiples puntos de Galicia.
-   
  
  
   'Non te amola!' é o título deste libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Esta semana chegará a todas as librerías de Galicia a obra inédita de Xela Airas, "Non te amola!", ilustrada por Luz Beloso, e que publicamos na colección “Libros para compartir”. Trátase dun libro que permanecía inédito ata agora e que, a partir desta semana, chegará ás librerías de toda Galicia para que as lectoras e lectores poidan coñecer mellor a sensibilidade da autora como narradora. 'Non te amola!' é o título deste libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Esta semana chegará a todas as librerías de Galicia a obra inédita de Xela Airas, "Non te amola!", ilustrada por Luz Beloso, e que publicamos na colección “Libros para compartir”. Trátase dun libro que permanecía inédito ata agora e que, a partir desta semana, chegará ás librerías de toda Galicia para que as lectoras e lectores poidan coñecer mellor a sensibilidade da autora como narradora.
-   
  
  
   En 2020 cumpríronse 100 anos do lanzamento da célebre revista Nós. Nun ano adicado a loar e conmemorar esta importante efeméride, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades quere renderlle tamén a súa homenaxe no marco da colección Cadernos Ramón Piñeiro dedicándolle a súa XLII edición, 'Dentro de Nós mesmo e a rente ou ao redor', que foi presentado na Sede do CRPIH polo secretario xeral de Política Lingüística. En 2020 cumpríronse 100 anos do lanzamento da célebre revista Nós. Nun ano adicado a loar e conmemorar esta importante efeméride, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades quere renderlle tamén a súa homenaxe no marco da colección Cadernos Ramón Piñeiro dedicándolle a súa XLII edición, 'Dentro de Nós mesmo e a rente ou ao redor', que foi presentado na Sede do CRPIH polo secretario xeral de Política Lingüística.
-   
  
  
   Os Premios Mestre Mateo 2021, aos que se presentaron 146 obras e 424 candidaturas profesionais, entregaranse o 10 de abril no Teatro Colón da Coruña co recoñecemento a 25 categorías, das que nove son de produción e 16, profesionais. A gala, que seguirá estritamente todos os protocolos sanitarios, será dirixida polo actor e director teatral Tito Asorey e presentada pola humorista Lucía Veiga. Os Premios Mestre Mateo 2021, aos que se presentaron 146 obras e 424 candidaturas profesionais, entregaranse o 10 de abril no Teatro Colón da Coruña co recoñecemento a 25 categorías, das que nove son de produción e 16, profesionais. A gala, que seguirá estritamente todos os protocolos sanitarios, será dirixida polo actor e director teatral Tito Asorey e presentada pola humorista Lucía Veiga.
-   
  
  
   'O que máis valoro deste proxecto é o novidoso de facer algo así en Galicia', salienta o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Jorge Lens de Ollar, escolma da fotografía galega contemporánea, un proxecto multimedia centrado na divulgación da fotografía de autor en Galicia a través dunha serie de curtametraxes documentais dedicados a diferentes fotógrafos e fotógrafas. 'O que máis valoro deste proxecto é o novidoso de facer algo así en Galicia', salienta o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Jorge Lens de Ollar, escolma da fotografía galega contemporánea, un proxecto multimedia centrado na divulgación da fotografía de autor en Galicia a través dunha serie de curtametraxes documentais dedicados a diferentes fotógrafos e fotógrafas.
-   
  
  
   En concreto, a exposición inclúe un espazo dedicado á familia de Lolita, unha verdadeira saga de artistas de Galicia, e unha zona na que se fai referencia á figura persoal e á traxectoria profesional e vital. Ademais, tamén se recollen os estudos e traballos sobre a obra desta artista e se fai un repaso da súa obra como ilustradora. Poderanse ver os seus traballos en publicacións como Galicia, Céltiga ou Mariñana, entre outros. En concreto, a exposición inclúe un espazo dedicado á familia de Lolita, unha verdadeira saga de artistas de Galicia, e unha zona na que se fai referencia á figura persoal e á traxectoria profesional e vital. Ademais, tamén se recollen os estudos e traballos sobre a obra desta artista e se fai un repaso da súa obra como ilustradora. Poderanse ver os seus traballos en publicacións como Galicia, Céltiga ou Mariñana, entre outros.
-   
  
  
   Preto de 150 fotografías que José Suárez realizou ao longo de máis de catro décadas, tanto en Galicia como en diferentes puntos de Europa, Arxentina e Xapón, reúnense na exposición antolóxica que o Museo de Pontevedra dedica a este fotógrafo natural de Allariz. O profesor da UVigo Manuel Sendón é, xunto a Xosé Luis Suárez Canal, o comisario dunha mostra que se insire no traballo que desde hai décadas veñen desenvolvendo Preto de 150 fotografías que José Suárez realizou ao longo de máis de catro décadas, tanto en Galicia como en diferentes puntos de Europa, Arxentina e Xapón, reúnense na exposición antolóxica que o Museo de Pontevedra dedica a este fotógrafo natural de Allariz. O profesor da UVigo Manuel Sendón é, xunto a Xosé Luis Suárez Canal, o comisario dunha mostra que se insire no traballo que desde hai décadas veñen desenvolvendo
-   
  
  
   O 28 de febreiro cúmprense 40 anos do pasamento de Álvaro Cunqueiro, “o mellor fabulador das literaturas ibéricas do século XX”, segundo Xosé Henrique Costas González, catedrático do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, cuxa Facultade de Filoloxía e Tradución acollerá entre os días 2 ao 5 de marzo unha serie de actos de homenaxe ao escritor. Se ben, o narrador, poeta e xornalista finou hai catro décadas, o traballo de persoas que estudan a súa obra, segue a dar froitos. O 28 de febreiro cúmprense 40 anos do pasamento de Álvaro Cunqueiro, “o mellor fabulador das literaturas ibéricas do século XX”, segundo Xosé Henrique Costas González, catedrático do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, cuxa Facultade de Filoloxía e Tradución acollerá entre os días 2 ao 5 de marzo unha serie de actos de homenaxe ao escritor. Se ben, o narrador, poeta e xornalista finou hai catro décadas, o traballo de persoas que estudan a súa obra, segue a dar froitos.
-   
  
  
   Analizar, poñendo o foco no cómic xaponés, que transformacións formais, estéticas e narrativas xerou na banda deseñada a súa convivencia ao longo das dúas últimas décadas co cómic dixital. Este é un dos obxectivos do proxecto Estudos transdisciplinares sobre cómic, do grupo de investigación dx5 (digital & art graphic research), que busca definir as características do que definen como “manga posdixital”. Analizar, poñendo o foco no cómic xaponés, que transformacións formais, estéticas e narrativas xerou na banda deseñada a súa convivencia ao longo das dúas últimas décadas co cómic dixital. Este é un dos obxectivos do proxecto Estudos transdisciplinares sobre cómic, do grupo de investigación dx5 (digital & art graphic research), que busca definir as características do que definen como “manga posdixital”.


