Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A USC rende tributo ao 'sabio egrexio' Ricardo Carvalho Calero

A sesión presidida polo reitor Antonio López e que non puido celebrarse con anterioridade por mor das restricións sanitarias derivadas da pandemia, contou tamén co relatorio ‘O Carvalho de cen ponlas’, no que a profesora da Facultade de Humanidades, Carmen Blanco, definiu o profesor Carvalho como “un sabio egrexio do século XX imposible de coñecer dende posicións dogmáticas e reducionistas”.

O reitor Antonio López salientou o “compromiso co país, coa cultura e coa súa lingua” de Carvalho Calero, definindo a sesión institucional deste xoves como un “acto de xustiza” para homenaxear a esta figura “sobranceira” cunha “sólida traxectoria en poesía, narrativa e teatro, mais tamén destacada no eido académico como profesor distinguido e colega co que a Universidade tivo o privilexio de contar”. Entre os seus agradecementos, o reitor quixo distinguir a asistencia ao acto de María Victoria Carvalho, filla do homenaxeado.

As formas do compromiso

Pola súa parte, o profesor Cidrás subliñou que o volume editado pola USC co gallo do Día das Letras Galegas 2020, salienta a figura do “Carvalho cívico, aquel ao que nada relacionado con Galiza e co galego o deixaba indiferente nin lle resultaba alleo”. A obra que recolle contribucións significativas sobre a figura poliédrica que conformaba o profesor Carvalho, atópase estruturada en tres partes. A primeira atende as facetas do compromiso vital do creador situadas máis á marxe dos seus quefaceres filolóxicos, nomeadamente a súa actividade política e pedagóxica ou docente, que son obxecto de análise nas contribucións de Justo Beramendi, Araceli Herrero e Aurora Marco.

Na segunda parte abórdanse as angueiras literarias do profesor. A súa actividade creadora é estudada nas contribucións de Xosé Mª Dobarro, Carlos Quiroga e Darío Villanueva. Pola súa vez as contribucións de Arturo Casas, Manuel Ferreiro e José Luís Forneiro centran a súa atención na obra de Carvalho como historiador da literatura e como crítico literario. Na terceira parte, rematan o volume cinco achegas que analizan a obra e o ideario lingüístico de Carvalho Calero, tanto nos aspectos máis propiamente gramaticais como nos vinculados ao seu posicionamento perante o modelo de lingua. Trátase das contribucións de Francisco Dubert, Martinho Montero Santalha, Pilar García Negro, Henrique Monteagudo e, pechando o volume, a de José Luís Rodríguez, principal discípulo do profesor ferrolán.

Achegas fundacionais

No seu relatorio, a profesora Carmen Blanco, antiga alumna de Carvalho, puxo o foco na contribución do autor á historia e á crítica da literatura galega no panorama da literatura xeral e comparada a cal definiu como “unha aportación científica fundamental”. “A súa intensa traxectoria creativa testemuña unha profunda vocación na que conviven a escrita íntima e a escrita para a publicación, ditada por diversas necesidades ou compromisos colectivos. Obra de conxunto esteticamente ecléctica, clásica e de vangarda simbiótica”, explicou a profesora da Facultade de Humanidades para logo afondar nas dúas etapas que marcaron o periplo vital de Carvalho. “Na súa traxectoria perfílanse dúas grandes etapas marcadas pola traxedia da guerra e do cárcere que provocará nel a crise da brillante vocación política de preguerra e o recoñecemento da devoción investigadora de posguerra”.

Carvalho e a USC

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990) chegou a Santiago en 1926, con só dezaseis anos, a estudar a carreira de Dereito e converterse axiña nun destacado líder estudantil. Mostra do seu activismo é o discurso que pronuncia na solemne inauguración do curso 1930-1931, no que reclama a galeguización da universidade. “Aspiramos a crear unha vida universitaria autenticamente galega; aspiramos a obter un espírito galego na aulas da Universidade”, afirmaba xa Carvalho naquela altura.

Rematada a súa etapa estudantil, e tras unha longa paréntese caracterizada maiormente pola represión franquista, Carvalho regresa ás aulas da USC o 17 de maio de 1963, precisamente con ocasión do acto académico co cal a institución compostelá celebraba o primeiro Día das Letras Galegas, acabado de instituír. Carvalho aborda a figura de Rosalía de Castro, a instancias dun grupo de estudantes mozos, entre os que se atopan Carlos Casares, Arcadio López Casanova, Xohana Torres ou Salvador García Bodaño, e que consideran ao profesor ferrolán como un referente nos estudos galegos. Só dous anos máis tarde, levantada a inhabilitación como funcionario, Carvalho ingresa como primeiro profesor de lingua e literatura galegas na Facultade de Filosofía e Letras, que acollía por primeira vez estes estudos no seu currículo académico. No marco desa actitude vital, encádrase a implicación de Carvalho no movemento reintegracionista. O profesor desenvolve unha intensa actividade nesta liña, que pasa a ocupar un lugar central na etapa final da súa vida.

Maneira de ollar

No marco da súa traxectoria universitaria, Ricardo Carvalho Calero foi o responsable de iniciar a serie xa quincuaxenaria da que forma parte a obra presentada este xoves no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Todos os volumes que integran a devandita serie pretenden ser unha reivindicación, tal e como afirmou o profesor Cidrás, “metonimicamente libresca, do dereito que temos a construír o noso país e a nosa maneira de ollar o mundo sobre os alicerces universais da nosa lingua; todos os días do ano”.
Universidade de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información