Notas
-
O lucense Xurxo Morales Varela, de 17 anos, acada en Andorra o terceiro premio internacional de saxofón na sección de xóvenes talentos. Xurxo Morales Varela participou nesta sección do certame como único representante de España e competiu con outras nacionalidades como Francia, Rusia e Italia. Formado no Conservatorio e en centros de ensino de Lugo estivo á altura de saxofonistas formados en Versalles e Moscú. -
A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta e o director de Incipit-CSIC presentaron os resultados das primeiras datacións nas terrazas da Ribeira Sacra que sitúan a súa orixe no século X e permiten reforzar a súa orixe e evolución histórica como paisaxe vitivinícola. Trátase dun estudo que permite achegar evidencias científicas da orixe destes elementos singulares da Ribeira Sacra. -
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle estes días os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), Terceiro acto, cuxa estrea está prevista para o 15 de abril. Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez dirixen esta peza con textos da súa autoría a partir de improvisacións co elenco, formado por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha Tatán. -
O Informe Xerf@ Formación e profesionalización aborda diferentes aspectos do traballo dos xestores culturais dos concellos galegos. No que se refire ao ámbito socioprofesional e laboral, o estudo constata que o persoal responsable da acción cultural ten un perfil heteroxéneo cunha crecente e progresiva incorporación de mulleres á profesión e unha vinculación laboral relativamente estable. -
Malia ser un referente da poesía xaponesa, Yasuhiro Yotsumoto plasma tamén a súa visión poética do mundo a través da fotografía. A mostra ‘Camiño’, que a partir do venres 26 de marzo e ata o 21 de maio poderá visitarse no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, achega parte da procura íntima do eu integrado na natureza. Nado en Neyagawa, o primeiro poemario de Yotsumoto (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991. -
Preestreada 'Nación', unha pescuda de Margarita Ledo sobre as galegas na segunda metade do século XX
Nación ofrece unha pescuda sobre as galegas na segunda metade do século XX a través da historia da fábrica de porcelanas Pontesa. Homenaxea a todas as mulleres que converteron a factoría nun referente para a reivindicación dos dereitos femininos, intercalando imaxes de arquivo, testemuñas, reconstrucións ficcionadas e elementos da cultura popular. -
Desde este luns e ata o 21 de maio, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra Ocupar un corpo, da artista Deebo Barreiro e o comisario Vítor Nieves. Nela, esta egresada da Universidade de Vigo xoga coa fotografía, os espazos e a tecnoloxía para visibilizar e achegar ao público “as identidades de xénero que están máis fóra da normatividade”, do binarismo home-muller, como as persoas bixénero, axénero ou transxénero sen hormonar. -
O grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia impartirá varios obradoiros en centros educativos de ensino primario e secundario no marco do proxecto 'Ciencia no Camiño', unha iniciativa que procura a promoción da cultura científica e a innovación, tanto para a poboación escolar como para o público en xeral, a través dunha rede de educación e divulgación nos Camiños de Santiago. -
O Grupo Compostela de Universidades promove un observatorio de expertos sobre o patrimonio do Camiño
A iniciativa ‘CamiñoLab. Laboratorio do patrimonio cultural do Camiño de Santiago’, impulsada polo Grupo Compostela de Universidades (GCU) liderado pola USC xunto coas outras dúas universidades públicas galegas, promove a creación dun observatorio de académicos internacionais focalizado no patrimonio deste itinerario cultural. -
O centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán permitirá profundar dende novas perspectivas na súa figura e obra. A USC, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega reunirán a finais do mes de outubro na Coruña e Santiago unha representación de voces expertas na autora no congreso internacional 'Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois'.


