Notas
-
O grupo boirés promocionará un disco a través do premio valorado en 30.000 euros. O certamen musical rematou cun macroconcerto en Lugo. -
A exposición exhíbese ata o 2 de outubro no Mosteiro de San Zoilo, en Carrión de los Condes, baixo o título: Peregrinos de Occidente. -
Así nacen as baleas, primeira novela breve da autora, foi merecedora deste premio dotado con 6.000 euros. Anxos Sumai é documentalista, tradutora e escritora. -
Divulga os últimos avances en audiovisual e multimedia, e pode visitarse ata o 16 de setembro en horario de mañá e de tarde. -
Conmemorativa do 5º aniversario do museo, esta mostra ocupa a totalidade dos espazos do edificio. -
Dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Rubén Riós, esta longametraxe sobre a perda da amizade remata de rodarse o 28 de setembro na bisbarra de Valdeorras. -
Música, maxia e xogos reunirán en espazos públicos de Santiago, Vigo e A Coruña a bebés, cativos e grandes co fin de favorecer a transmisión familiar da lingua galega. -
Foi asinado entre a Federación de Asociacións da Prensa de Galicia e o Pen Clube de Galicia. Piden que Galicia sexa terra de asilo para escritores e xornalistas perseguidos. -
Destaca a fenomenal acollida do filme galego da productora Voz Audiovisual. Fernández Iglesias fixo unha visita institucional á Cinemateca do Quebec co fin de estudar os instrumentos de apoio á produción e difusión do audiovisual nesa provincia canadiana. -
Deuse a coñecer o fallo do xurado deste certame convocado pola Asociación Cultural Val de Láncara que destaca a traxectoria da publicación desde os seus inicios en 1907.


