Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Preséntase a Festa dos Axóuxeres para animar ás familias a falar galego

A Festa dos Axóuxeres é a festa para celebrar o galego como lingua da casa. Así definiu a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, a nova iniciativa posta en marcha polo seu departamento para promover a transmisión familiar da lingua galega. Santiago, Vigo e A Coruña acollen esta festa, que vai poñer nos escenarios a música recompilada no disco Cantos de Arrolar, co que se está agasallando a todas as mulleres embarazadas dentro da campaña Xeración E logo!.

Marisol López presentou en Santiago esta Festa dos Axóuxeres, nun acto no que estivo acompañada por boa parte dos artistas que van participar no evento. En distintos espazos públicos das tres cidades galegas, os asistentes terán un repertorio musical adaptado ao público tan especial ao que vai dirixido –bebés e cativos–, ademais dos enredos e divertimentos que virán da man de Miguel de Lira e da maxia e da ilusión do mago Romarís.

A Festa dos Axóuxeres celebrarase os días 4, 6 e 8 de setembro en Santiago, Vigo e A Coruña, respectivamente. En Compostela a cita será no Campus Sur, o martes 4, coa participación musical de Luar na Lubre e Espido. En Vigo, a cita será o xoves 6 na praza da Estrela, coa música de Mercedes Peón e de Xabier Díaz. Por último, na Coruña, bebés, papás e mamás están citados o sábado 8, nos xardíns de Méndez Núñez, con Xabier Díaz e Uxía. Todas estas citas serán ás sete da tarde, e a entrada será de balde.

Continuidade no inverno

A secretaria xeral de Política Lingüística explicou que esta iniciativa vai ter continuidade nos meses de outono e inverno en vilas pequenas de Galicia, nun formato diferente, de proximidade, e en espazos pechados.

A actual programación destinada ás familias enmarcase nos obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que pretende sensibilizar as familias sobre as vantaxes de que os seus fillos e fillas coñezan a lingua galega e sinala a conveniencia de que a adquiran de forma temperá como mellor garantía para que se instalen nela de xeito adecuado e poidan despois acceder a outros idiomas.

Marisol López concluíu destacando a vontade de converter esta Festa dos Axóuxeres nunha “referencia para avivar o alento dos pais, as nais, os avós, os irmáns, para que se relacionen en galego na familia”.
Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información