Unha festa de aldea conmemora a rodaxe da película Pradolongo
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/pradolongo.jpg)
Na filmación desta multitudinaria festa participarán os protagonistas do filme –Rubén Riós (no papel de Martiño), Tamara Canosa (Raquel) e Roberto Porto (Armando)– así coma o músico galego Emilio Rúa e os máis de douscentos figurantes.
Notas:
- “Pradolongo” é un filme da productora galega Vía Láctea Filmes.
- “Pradolongo” está dirixida polo galego Ignacio Vilar (Ilegal, Un Bosque de Música, gañadora de tres Premios Mestre Mateo).
- “Pradolongo” é un filme sobre a perda da amizade. É a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas.
- A rodaxe realizarase os meses de agosto e setembro na comarca ourensá de Valdeorras, concretamente nos concellos de Petín, A Rúa, O Barco, Vilamartín, A Veiga e Carballeda, o cal permitirá ao director, Ignacio Vilar, sorprender unha vez máis ao espectador coa recreación de espazos tan impresionantes como o da lagoa de Ocelo en Pena Trevinca e mesmo a aldea de Robledo no Concello de Vilamartín que xa foi inmortalizada en traballos previos do director (Un bosque de música e A aldea: o antigo e o novo).
- Entre os actores de “Pradolongo” destacan Rubén Riós (Martiño) e Tamara Canosa (Raquel), asi como outros actores consolidados como Mela Casal, Gonzalo Rei Chao, Carlos Sante, Belén Constenla, Antonio Mourelos, Pepo Suevos e César Cambeiro.
- A linguaxe empregada polos personaxes, caracterizada polo uso de dialectalismos do bloque oriental e a ausencia total dos castelanismos que inzan a fala da bisbarra, será outro dos trazos diferenciadores de Pradolongo con respecto ao reducido número de filmes que se rodan en galego no noso país.
- Parte do reparto e un dos protagonistas (Roberto Porto, Armando) foi seleccionado entre os alumnos dos institutos da zona para a realizacion dun curso actoral de seis meses.
- A figuracion tamen foi seleccionada en diferentes castings celebrados nos concellos de Valdeorras.
PRADOLONGO
Pradolongo é un filme sobre a perda da amizade.
É a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas.
Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a súa maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas, tardes no río..., pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda, á louseira do pai de Armando, de Pradolongo, un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño, obrigaraos a reconsiderar os seus soños e os vínculos que os mantiveron unidos desde a infancia.
Tendo en conta o anterior, e sen esquecer que se trata dunha historia de ficción, Pradolongo pode incluírse dentro do xénero “drama”.
A rodaxe, que está tendo lugar entre os meses de agosto e setembro de 2007, realizarase integramente en Galiza. De feito, durante seis semanas, o equipo técnico levará a cabo o seu traballo unicamente en Valdeorras, concretamente nos concellos de Petín, A Rúa, O Barco, Vilamartín, A Veiga e Carballeda, o cal permitirá ao director, Ignacio Vilar, sorprender unha vez máis ao espectador coa recreación de espazos tan impresionantes como o da lagoa de Ocelo en Pena Trevinca e mesmo a aldea de Robledo no Concello de Vilamartín que xa foi inmortalizada en traballos previos do director (Un bosque de música e A aldea: o antigo e o novo).
Por outra banda, a linguaxe empregada polos personaxes, caracterizada polo uso de dialectalismos do bloque oriental e a ausencia total dos castelanismos que inzan a fala da bisbarra, será outro dos trazos diferenciadores de Pradolongo con respecto ao reducido número de filmes que se rodan en galego no noso país. Concepción Álvarez Pousa, autora do traballo de investigación “Consideraciois sobre a fala do Concello de Viana do Bolo: descrición e textos” e natural do citado concello, foi a encargada de adaptar, dende o punto de vista fonético e morfolóxico, o guión á variante dialectal oriental.
Outra das particularidades desta película é a idade dos seus protagonistas. Por este motivo, debido á escaseza de profesionais menores de 20 anos, o director, Ignacio Vilar, realizou un casting por tódolos institutos da zona (A Rúa, O Barco, Carballeda, Viana do Bolo, Quiroga, O Carballiño, Ribadavia, Verín e Xinzo da Limia) co fin de seleccionar a todos aqueles rapaces que tiveran entre 16 e 18 anos, falaran galego e mostraran unhas certas dotes interpretativas. Deste xeito, 11 rapaces puideron asistir ao curso gratuíto de formación actoral, impartido por Damián Contreras, que se celebrou no Cine Avenida da Rúa entre os meses de decembro de 2006 e maio de 2007 e dos cales un deles (Roberto Porto) aparecerá nun dos papeis protagonistas (Armando), tres máis (Cristina Rodríguez, Laura Álvarez e Diego Tato) terán un papel destacado e outros sete (Alberto Souto, Breixo Quiroga, Belén Rodríguez, Cristina Canedo, Berta Docampo, Carlos García e Tamara Placín) aparecerán tamén na película.
Neste sentido, cómpre destacar o feito de que o elenco de actores de Pradolongo estea composto integramente por galegos. Así, nos papeis protagonistas, destacan Rubén Riós (Martiño) e Tamara Canosa (Raquel), os cales verán sen dúbida consolidadas as súas carreiras logo do seu traballo en diferentes longametraxes e series de televisión. Do mesmo xeito, outros actores xa consolidados como Mela Casal, Gonzalo Rei Chao, Carlos Sante, Belén Constenla, Antonio Mourelos, Pepo Suevos e César Cambeiro, entre outros, tamén moi coñecidos polo seu traballo en múltiples longametraxes, obras de teatro, series e programas para a televisión, serán os encargados de dar vida a outros personaxes importantes da película, sen esquecer os papeis que interpretarán Olalla Salgado, Sheila Fariña, Ricardo de Barreiro, Marián Bañobre, Isabel del Toro, Fernando Dacosta, Marcos Vieitez, Antón Olmos, Avelino González, Manolo Cortés, Elena Seijo e Paulo Serantes.
Pradolongo contará igualmente coa participación de figurantes valdeorreses, moitos deles elixidos nunha serie de castings celebrados ao longo do mes de agosto en diferentes concellos de Valdeorras, que serán imprescindibles para a ambientación dos distintos escenarios da película.
FICHA TÉCNICA DA LONGAMETRAXE PRADOLONGO
Produtora:
Vía Láctea Filmes
Avda. Hispanidade, nº 72 – 5ºA
36 203 Vigo
Tel/Fax: 986 41 57 65
Móbil: 629 17 10 05
filmes@vialacteafilmes.com
Coprodutor financeiro asociado: Televisión de Galicia
Venta dereitos de emisión: Televisión de Galicia
Axudas: Consellería de Cultura (Xunta de Galicia), Concello de Petín, Concello da Rúa e Concello do Barco de Valdeorras.
Director: Ignacio Vilar
Produtora: Vía Láctea Filmes
Produtora executiva: Marina Fariñas
Guión: Ignacio Vilar, Carlos Asorey e Javier Gancedo
Axudante de dirección: Sandra Montes
Xefes de produción: Iñaki Ros, José Salgueiro
Director de Fotografía e Cámara: Alberto Díaz “Bertitxi”
Música: Zeltia Montes
Decoradora: Andrea Pozo
Vestiario: María Fandiño
Montador: Guillermo Represa
Son directo: Eduardo Esquide
Maquillaxe: Natalia Arcay
Perruquería: Erea Pérez
Intérpretes:
RUBÉN RIÓS (Martiño), ROBERTO PORTO (Armando), TAMARA CANOSA (Raquel), MELA CASAL (Maruxa), GONZALO REY CHAO (Xervasio), CARLOS SANTE (Roi), CRISTINA RODRÍGUEZ (Loli), LAURA ÁLVAREZ (Neves), DIEGO TATO (Carballo), ANTONIO MOURELOS (Lourenzo), BELÉN CONSTENLA (Lurdes), ISABEL DEL TORO (Natalia), PEPO SUEVOS (Xosé Manuel), RICARDO DE BARREIRO (Celestino), ANXO CARBAJAL (Luís), FERNANDO DACOSTA (Pedro), MARCOS VIEITEZ (Ramón), ANTÓN OLMOS (Pepe), AVELINO GONZÁLEZ (Ovidio), MARIÁN BAÑOBRE (Rosario), SHEILA FARIÑA (Carolina), OLALLA SALGADO (Esmeralda), CÉSAR CAMBEIRO (Alfredo), MANOLO CORTÉS (Xosé Luís), ELENA SEIJO (Técnico laboratorio) e PAULO SERANTES (socio 3).
Outros datos:
Formato: Alta definición kinescopada a 35mm
Cámara: SONY F900 CINEALTA
Laboratorio: Fotofilm
Lugares de rodaxe: Valdeorras (Ourense): Petín, A Rúa, A Veiga, O Barco, Carballeda, Robledo (Vilamartín).
Datas de rodaxe: 16 de agosto ao 28 de setembro de 2007
Laura Fernández (encargada de Prensa de Vía Láctea Films)