Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O director xeral de Comunicación Audiovisual asistiu á premiere do filme O menor dos males no Festival de Montreal

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, que participa en representación da Secretaría Xeral de Comunicación no Festival de Cine de Montreal (Canadá), asistiu á premiere do filme galego O menor dos males, da productora Voz Audiovisual. Fernández Iglesias destacou a “fenomenal acollida” da obra do director Antonio Hernández, que conta ca presenza dos aplaudidos actores galegos Antonio Durán “Morris”, César Cambeiro e Xavier Deibe.

O director xeral de Comunicación Audiovisual permanece en Montreal para acompañar aos representantes das produccións galegas participantes, nun festival que recolle cada ano o máis relevante da producción independente internacional. Segundo as palabras de Fernández Iglesias “a presenza de dúas produccións de total capital galego e nas que participan destacados artistas galegos é realmente significativa e supón un importante recoñecemento para o noso audiovisual galego”.

O menor dos males

O filme O menor dos males, ambientado nunha casa de campo galega durante un fin de semana, reflexiona sobre a corrupción e a política. O encontro de dous irmáns na antiga casa familiar supón o punto de partida para unha trama na que se mesturan a comedia e o suspense, e mesmo o cine negro. No reparto, ademais dos citados actores galegos, destaca a presencia de Carmen Maura, Verónica Echegui e de Roberto Álvarez. Os artistas galegos, segundo destacou o director xeral de Comunicación Audiovisual, foron “moi aplaudidos” nos seus respectivos papeis como paparazzi (Morris) e escoltas (Cesar Cambeiro e Xavier Deive) nunhas interpretacións “magníficas e moi convincentes”.

A premiere supón a segunda participación deste ano no Festival de Cine de Montreal, logo da estrea da opera prima de Jorge Algora, O neno de barro, o pasado 24 de agosto cunha moi boa acollida nas proxeccións nos cinemas do Barrio Latino de Montreal. Arredor de 1.000 persoas asistiron a cada unha das proxeccións deste filme galego, o que supuxo catro cheos consecutivos nas salas de proxección desde o día 24 ao 27 de agosto.

Visita á Cinemateca do Quebec

Manuel Fernández aproveitou a sua estancia en Montreal para facer unha visita institucional á Cinemateca do Quebec, co obxectivo de estudar os instrumentos de apoio a produción e difusión do audiovisual nesa provincia canadiana. Ao igual que no caso galego, o Canadá caracterízase pola convivencia de duas linguas, o francés e o inglés, e pola existencia de instrumentos públicos para o financiamento da produción e difusión do audiovisual na lingua principal do Quebec, neste caso o francés. Co gallo desta visita analizáronse tanto as iniciativas promovidas dende o eido da cultura pola Sociedade de Desenvolvemento das Industrias Culturais, como as promovidas desde o eido da comunicación por Telefilm Canadá e os seus fondos de capital, fondos de longametraxes, e fondos para novos medios de comunicación.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información