Notas
-   
  
  
  Co fin de fomentar a competencia en galego da sociedade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística promoveu en 2010 un total de 301 cursos preparatorios para obter a certificación oficial de coñecemento de galego (Celga).
-   
  
  
  Paisaje urbano, de Luis Valentín Fernández Vila, gaña o primeiro Premio do Certame de Arte José Domínguez Guizán que se entrega o 29 de xaneiro durante a clausura do Belén de Begonte.
-   
  
  
   A actriz Ana Bustorff retrata nun monólogo sen texto, sen pronunciar unha soa palabra, as rutinas dunha muller entregada á depresión e á obsesión polas cousas ordenadas na obra dirixida por Rui Madeira, À la carte, no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 15 e 15 de xaneiro. A actriz Ana Bustorff retrata nun monólogo sen texto, sen pronunciar unha soa palabra, as rutinas dunha muller entregada á depresión e á obsesión polas cousas ordenadas na obra dirixida por Rui Madeira, À la carte, no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 15 e 15 de xaneiro.
-   
  
  
   O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, reuniuse coa nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) para a promoción e o apoio á creación de literatura infantil e xuvenil en 2011. O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, reuniuse coa nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) para a promoción e o apoio á creación de literatura infantil e xuvenil en 2011.
-   
  
  
   A mostra do artista Antonio Pérez, de Ribeira, ofrece a persoal visión do autor que coñece o mar dende todos os ámbitos. Azuis e terras, en toda a súa ampla gama cromática, son a base da paleta do pintor galego. A calidez das figuras contrasta coa dureza do oficio ao que se entregan. As texturas son máis ou menos densas en función da temática. A mostra do artista Antonio Pérez, de Ribeira, ofrece a persoal visión do autor que coñece o mar dende todos os ámbitos. Azuis e terras, en toda a súa ampla gama cromática, son a base da paleta do pintor galego. A calidez das figuras contrasta coa dureza do oficio ao que se entregan. As texturas son máis ou menos densas en función da temática.
-   
  
  
   O 12 de xaneiro, o día despois da inauguración oficial polos Príncipes de Asturias, abriranse ao público os edificios da Biblioteca e do Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia. O conselleiro de Cultura da Xunta convida aos galegos a sentir como propio un dos símbolos da Galicia do século XXI. O 12 de xaneiro, o día despois da inauguración oficial polos Príncipes de Asturias, abriranse ao público os edificios da Biblioteca e do Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia. O conselleiro de Cultura da Xunta convida aos galegos a sentir como propio un dos símbolos da Galicia do século XXI.
-   
  
  
   A Fundación Curros Enríquez quere facer pública a súa felicitación ao escritor Xosé Neira Vilas pola celebración dos 50 anos da publicación de Memorias dun neno labrego. A Fundación Curros Enríquez quere facer pública a súa felicitación ao escritor Xosé Neira Vilas pola celebración dos 50 anos da publicación de Memorias dun neno labrego.
-   
  
  
   Antonio Veiga e Fernando Súarez Barcia asinaron un convenio polo que a Área de Cultura da Deputación destina 5.000 euros para desenvolver o proxecto “Un paseo pola memoria fotográfica de Ribadeo”. Antonio Veiga e Fernando Súarez Barcia asinaron un convenio polo que a Área de Cultura da Deputación destina 5.000 euros para desenvolver o proxecto “Un paseo pola memoria fotográfica de Ribadeo”.
-   
  
  
   As corais rotan, con actuacións de 15 minutos, na porta de Bispo Aguirre, a praza do Campo e a praza da Soidade, entre as 20:00 e as 21:00 horas. O día 5 de xaneiro ten lugar unha xuntanza de todas as corais que participaron no ciclo, na praza de Santa María. As corais rotan, con actuacións de 15 minutos, na porta de Bispo Aguirre, a praza do Campo e a praza da Soidade, entre as 20:00 e as 21:00 horas. O día 5 de xaneiro ten lugar unha xuntanza de todas as corais que participaron no ciclo, na praza de Santa María.
-   
  
  
   A Xunta rende homenaxe a Rosalía de Castro destacando a contemporaneidade da súa obra. O director xeral do Libro destacou que no nome de Rosalía temos un valor imprescindible do noso patrimonio cultural galego e sentimos que a súa proxección significa a expansión do noso país dun xeito importante e identitario. A Xunta rende homenaxe a Rosalía de Castro destacando a contemporaneidade da súa obra. O director xeral do Libro destacou que no nome de Rosalía temos un valor imprescindible do noso patrimonio cultural galego e sentimos que a súa proxección significa a expansión do noso país dun xeito importante e identitario.


