Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Cidade da Cultura abrirase ao público ao día seguinte da súa inauguración oficial

A parte rematada do complexo da Cidade da Cultura de Galicia estará aberta ao público de 8 a 20 horas todos os días da semana a partir do 12 de xaneiro, un día despois da inauguración oficial do Arquivo e da Biblioteca de Galicia. Neste horario, os visitantes poderán acceder ao recinto a pé, no seu vehículo particular, ou utilizando unha liña de autobuses urbanos que comunicará regularmente o complexo arquitectónico co casco urbano de Santiago. A área de acceso libre será a que rodea os dous edificios inaugurados: a Biblioteca e o Arquivo de Galicia.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou que a inauguración dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura marcará un punto de inflexión e invitou a todos os galegos a “achegarse a coñecer e a sentir como propio un dos símbolos da Galicia do século XXI”. Nesta liña, Varela afirmou que esta inauguración posibilitará que “todos os cidadáns que o desexen poidan disfrutar deste complexo arquitectónico e cultural inigualable, utilizar os servizos da Biblioteca e o Arquivo de Galicia, e asistir ás exposicións e actividades que alí se ofrecen”.

A Biblioteca e o Arquivo de Galicia, tras a súa inauguración o 11 de xaneiro, poranse en marcha e o seu horario de atención ao público será de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres. Neste horario, os cidadáns poderán facer uso dos servizos que estas institucións comezarán progresivamente a prestar. Ademais das funcións propias destas institucións, a Biblioteca e o Arquivo de Galicia dispoñen de espazos para acoller exposicións. Para visitalas, poderá facerse todos os días da semana de 10 a 14 e entre as 16 a 20. Neste momento, están abertas tres: “Peter Eisenman. A Cidade”, “Espazos propios” de Candida Höfer e “Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia”.

Visitas guiadas

Todos os días, ás 12 e ás 18 horas, sairán visitas guiadas dende o Punto de Información da Cidade da Cultura de Galicia, situado no Espazo ON, nos soportais da Biblioteca de Galicia. Para participar abonda con presentarse na hora marcada. O itinerario incluirá un percorrido en compaña dun guía profesional polo Arquivo, a Biblioteca de Galicia e as tres exposicións en marcha.

As fins de semana haberá un servizo especial de visitas guiadas que recollerá ós participantes en autobús en Santiago. Os sábados e domingos ás 12 e ás 17 sairá un autobús dende a sede da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, no número 2 da rúa de San Roque. Para participar é preciso reservar praza na web www.cidadedacultura.org ou chamar ao 881997570 entre as 9 as 14 horas. Estas visitas incluirán un percorrido en autobús polo exterior da Cidade da Cultura de Galicia e logo un itinerario pola Biblioteca, o Arquivo e as exposicións.

Existe un servizo de visitas guiadas para grupos organizados. Os colectivos que estean interesados poden concertar a súa visita no número 881997570 ou no enderezo electrónico visitas.cidadedacultura@xunta.es

A exposición “Exlibris Gallaecia. Dos libros de Galicia” conta cun programa de visitas didácticas dirixido aos estudantes, dende os niveis de Secundaria ata a Universidade. Este tipo de visitas están organizadas por un equipo de guías especializados e contan con material pedagóxico para traballar nas aulas. Os centros escolares interesados neste servizo poden informarse no número 981576753 ou no enderezo electrónico visitasguiadas@cidadedacultura.org
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información