Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A área de Cultura da Deputación de Lugo recupera a memoria fotográfica de Ribadeo

O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga Outeiro, asinou no seu despacho xunto ao alcalde nacionalista de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, un convenio mediante o cal a Área de Cultura da Deputación aportará ao Concello de Ribadeo un total de 5.000 euros para desenvolver o proxecto “Un paseo pola memoria fotográfica de Ribadeo”.

Este proxecto pretende recuperar imaxes antigas que recollan a memoria e a historia de Ribadeo a través da participación e colaboración veciñal, dixitalizando as fotografías que cedan momentaneamente as persoas para que non se perdan e dándoas a coñecer a través de exposicións polos centros sociais das parroquias. Desta maneira, este proxecto cumpre unha importante función social, xa que require da participación e colaboración dos veciños e veciñas das parroquias de Ribadeo e, por outra parte, permitirá que se recollan un número grande de imaxes antigas sobre Ribadeo, conservalas evitando que se estraguen mediante o proceso de dixitalización, e logo difundilas a través de exposicións que circularán polos locais sociais do concello.

Antonio Veiga destacou que a Área de Cultura da Deputación colabora cos concellos lucenses para poñer en marcha iniciativas deste tipo, que “conseguen facer da cultura un elemento tamén de participación e integración cidadá, de cohesión social, ao mesmo tempo que se desenvolve unha actividade de recuperación dunha parte importante da historia dun concello coma Ribadeo”.

Fernando Suárez Barcia, alcalde nacionalista de Ribadeo, agradeceu a colaboración da Área de Cultura da Deputación polo seu apoio económico para pór en marcha este proxecto e indicou que axiña se vai comezar a dar os primeiros pasos, que partirán dun traballo de información para solicitar a colaboración veciñal explicando o contido do proxecto. Por último, Súarez Barcia indicou que desde o concello están a estudar a posibilidade de que, como remate a este proxecto, a mostra fotográfica quede plasmada nunha publicación para que os veciños e veciñas de Ribadeo poidan quedarse con elas para sempre e non se queden en exposicións temporais.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información