Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Companhia de Teatro de Braga representa no Salón Teatro o monólogo À la carte

O Salón Teatro de Santiago recibe á Companhia de Teatro de Braga co espectáculo Concerto "à la carte", produción número cen da formación portuguesa que se representa o venres 14 e o sábado 15, ás 20.30 horas, froito dun acordo de intercambio co Centro Dramático Galego. Con dirección de Rui Madeira a partir da obra do dramaturgo alemán Franz Xaver Kroetz, este “monólogo sen texto” aborda a soidade dunha muller entregada á depresión e á obsesión polas cousas ordenadas.

Concerto "à la carte" retrata a historia diaria dunha muller igual que tantas outras, na súa casa, prisioneira da súa propia cabeza, das súas rutinas e do seu caos organizado no cotián. Na súa vida, sucédense os días, todos iguais, fríos e abandonados, cos labores do fogar como principal preocupación. Porén, detrás desa fachada de ama de casa habita unha muller con ilusións, que loita no seu interior entre o que quere e o que debe ser.

Sen palabras

Trátase dunha comedia social que expón un ollar frío, concreto e real da vida vivida por moitas mulleres: “A vida na máis crúa das rutinas e no máis pesado dos silencios”, en palabras da propia compañía. Así, construído en partitura de silencios, este é un espectáculo sobre a existencia, onde durante hora e media a actriz Ana Bustorff dá vida á señora Rasch, unha muller solteira igual que tantas que habitan no apartamento do lado, que se cruzan connosco no supermercado, a quen ollamos sen ver e que morren sen sabermos.

Este espectáculo xestual preséntase no escenario compostelán dentro dun acordo de intercambio entre o Centro Dramático Galego e tres agrupacións de Portugal: ademais da Companhia de Teatro de Braga, Trigo Limpo de Tondela e Teatro Oficina de Guimarães. En contrapartida, o espectáculo do CDG Salomé exhibirase este mes de xaneiro no Centro Cultural Vila Flor de Gimarães (día 22), Teatro Acert de Tondela (día 26) e Theatro-Circo de Braga (28 e 29 de xaneiro).

As entradas para asistir ás representacións de Concerto "à la carte" poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo da actuación. Tamén poden adquirirse por adiantado a través do teléfono 902 43 44 43 ou na billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es. O prezo das localidades é de 10 euros, cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información