Notas
-
Un colgante atopado en Cova Eirós, en Triacastela (Lugo), evidencia a presenza humana no noroeste peninsular nos momentos máis rigorosos da última glaciación. Trátase dun colgante que os investigadores da USC datan en máis de 26.000 anos, no período do Paleolítico superior coñecido como Gravetense.
-
O director e actor galego Mario Tomás imparte un curso de formación para actores e actrices promovido polo CDG. A súa experiencia na escea francesa o leva a afondar nas claves da interpretación no teatro de Molière a través das personaxes creadas polo comediógrafo. O curso celébrase na sala Roberto Vidal Bolaño da USC.
-
O Consorcio Audiovisual de Galicia participa cun expositor corporativo neste foro, que se celebra do 10 ao 18 de febreiro en Berlín xunto á LXI edición da Berlinale. O stand serve de plataforma de presentación para as empresas galegas que asistan ao evento, considerado un dos principais mercados de cine en Europa.
-
O presidente da Xunta de Galicia, o conselleiro de Cultura e o director de Agadic participan na recepción oficial do Goberno galego á directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais con motivo da celebración, en 2011, do Ano da Música co que se revalida o compromiso público co sector.
-
Cultura e Turismo e a Fundación Valle-Inclán presentan o proxecto de documental Romance de Lobos en Terras de Arousa, no 75 aniversario do pasamento do escritor galego porque “contar con autores da súa envergadura constitúe unha vía de acceso potentísima para ocupar o noso espazo como sociedade”.
-
Esta visita se enmarca en las actividades culturales del ciclo 2011 bajo el título Coñecer Galicia.
-
Histrión chega ao Salón Teatro de Compostela coa montaxe de Daniel Veronese titulada Del maravilloso mundo de los animales: los corderos. Un espectáculo de gran forza dramática e un valioso traballo do grupo actoral que narra un axuste de contas cun final inesperado para o público.
-
Ofrece unha arriscada proposta de vestiario e co que se consolida no actual paradigma da moda galega como un novo valor emerxente e emprendedor.
-
O alcalde de Palas de Rei inaugurou a exposición Miradas, do fotógrafo palense Vilar Rodríguez.
-
A Secretaría Xeral de Política Lingüística busca aproveitar este escenario internacional sobre a lingua para impulsar a proxección exterior e o recoñecemento internacional do galego. O expositor da Xunta ofrece aos visitantes información sobre os recursos lingüísticos e a aprendizaxe do idioma.