Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Fundación Curros Enríquez felicia a Neira Vilas polo 50º aniversario de Memorias dun neno labrego

Neira Vilas é patrón de honra da Fundación Curros Enríquez desde 1989 cando foi galardoado co Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, dándose a circunstancia, ademais, de que as orixes familiares da que fora súa dona, Anisia Miranda, están moi ligadas ás Terras de Celanova, non en van os seus pais eran orixinarios das parroquias de Portela (Verea) e Ansemil (Celanova), polo tanto o propio Neira Vilas como especialmente Anisia, sempre se sentiron emocionalmente vencellados a Celanova.

O texto que, en resumo, recolleu a acta de concesión do premio naquel intres, foi o seguinte:

“O Patronato Curros Enríquez decidiu concederlle o V Premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’, por unanimidade, ó mestre da literatura galega Xosé Neira Vilas. É moito o que se lle debe ó escritor galego residente en Cuba. Se por un lado marca un cume da nosa literatura con Memorias dun neno labrego, por outro convérsese nun dos meirandes valedores que temos recollendo a nosa memoria histórica, facendo traducións e promovendo que se ensine o idioma e a literatura galega en distintos países e universidades do mundo.

Neira Vilas, ademais, é un incomparable intérprete da Galicia exterior. Sen Historias de emigrantes, Cariño bretemoso, Remuíño de sombras e Galegos no Golfo de México a nosa literatura sufriría un eclipse de proxección de cara o futuro.”

Destacamos tamén a implicación de Xosé Neiras na propia creación da Fundación Curros Enríquez e na apertura da Casa dos Poetas xa que o seu interese por Curros foi o que fixo realidade a dotación inicial de primeiras edicións do poeta celanovés.

Fundación Curros Enríquez

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información