Notas
-
O Concello da Estrada acolleu a presentación do comezo da filmación desta longametraxe, que conta unha historia de amor e desamor a través da escoita dos sons da Costa da Morte e doutros lugares galegos. Agadic contribúe con 260.000 euros ao financiamento. O filme estrearase a finais de 2016 con actores como Monti Castiñeiras, Marta Lado ou Sonia Castelo.
-
Desde 1988, case un cento de alumnos e alumnas se achegan cada verán ao galego e a unha visión da cultura e sociedade de Galicia. Moitos deles cursan xa lingua galega nos lectorados da Rede de Centros de Estudos Galegos que a Xunta ten en case 40 universidades do mundo.
-
Os circuítos galegos de teatros e auditorios, de música ao vivo e de salas inician hoxe o segundo semestre de programación, durante o que ofrecerán un total de 402 funcións escénicas e musicais en 44 municipios. As redes de Agadic confórmanse como as principais canles para a distribución dos espectáculos producidos profesionalmente.
-
A versión ampliada desta ferramenta lingüística elaborada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidade incorpora preto de 32 millóns de palabras, das que algo máis de 400.000 son formas diferentes. Proceden de xornais, semanarios, revistas, ensaios e ficción (novela, relato curto e teatro).
-
O xurado desta XXXI edición decantouse polo traballo da coruñesa Eva Veiga Torre.
-
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o tenente de alcalde de Agolada, Héctor Martínez, presentaron a cuarta edición deste encontro organizado por Economía e Industria que se ten consolidado xa como un referente anual do sector.
-
O xoves 2 de xullo, a Cidade da Cultura acolle a primeira das 24 actuacións que ten preparadas para gozar ao caer o sol: a da banda compostelana Puma Pumku, trala que actuarán Amatria e The Lákazans coa mellor combinación de blues, soul e rock. Os concertos no Gaiás son de balde ás 21h.
-
O cesteiro Antonio Suárez, de Vigo, o zoqueiro Alfonso Ferro, de Vila de Cruces e o oleiro Aparicio Añón, de Malpica, falarán nas charlas “Coas mans da experiencia” dos seus máis de 40 anos de traxectoria nos seus oficios. Será no IV Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de divulgación do sector.
-
A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia quere achegar ao público galego o traballo de destacadas formacións internacionais, aplaudidas en festivais como Avignon ou Edimburgo, xunto coas últimas propostas de compañías galegas, cun amplo programa de 7 días (entre o 18 e 25 de xullo).
-
Vicente Mohedano e Mabel Rivera, en calidade de presidente e vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), reuníronse con representantes de Agadic e da Consellería de Cultura para abordar asuntos relativos ás políticas teatrais e audiovisuais.