Notas
-
Agadic e Agapi colaboran para ofrecerlles aos profesionais galegos unhas xornadas sobre financiamento e distribución audiovisual ante o novo modelo de cine. Teñen lugar os días 9 e 10 de setembro e contan coa participación da directora do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), Lorena González.
-
A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa cultural que terá lugar os días 3, 4 e 5 de setembro no concello dos Blancos.
-
O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, en colaboración coa editorial Sotelo Blanco, convocan unha nova edición do Premio 'Risco' de Creación Literaria, cuxas bases contemplan a recepción de traballos orixinais de xénero narrativo: novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc. O premio para a obra gañadora será de 6.000 euros en metálico ademais da publicación de 150 exemplares
-
O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou o ciclo Fórumáxico, co que se abre “a tempada regular de teatro e arte en vivo”. Durante os catro sábados de setembro, o Fórum Metropolitano acollerá espectáculos de maxia nos que ten cabida a comedia, o drama e o teatro, pero sempre coa maxia como protagonista. Begoña Llamosas, directora dos centros Ágora e Fórum Metropolitano, salientou que o Fórumáxico será o punto de partida dunha tempada na que haberá “novo circo, artes en vivo ou danza”.
-
A Deputación de Ourense presenta a 29ª edición do Anuario da Gaita, editado pola Escola de Gaitas da Deputación de Ourense. A publicación foi presentada na sala de xuntas do Pazo Provincial polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o deputado de cultura, Manuel Doval, o director da Escola Provincial de Gaitas, da Real Banda e coordinador da publicación, Xosé Lois Foxo e por Manuel Rego Nieto, colaborador asiduo do anuario.
-
Case 13.000 persoas visitaron na Sede Afundación da Coruña a exposición «Heroes animados», inaugurada o pasado 2 de xullo e que permanecerá aberta ata o próximo 28 de novembro. A mostra, deseñada por ILUX Visual Technologies, recolle todos os detalles do proceso de deseño e creación dos personaxes nas películas e producións de animación a partir do traballo desenvolvido polo prestixioso Grangel Studio.
-
O escritor e xornalista Ramón Chao (Vilalba, 1935) recibirá o vindeiro venres, unha homenaxe popular na súa vila natal, como recoñecemento á súa traxectoria vital e profesional. O acto comezará no Paseo dos Soños da capital chairega ás 12 horas coa recepción que lle farán amigos e vecinos no Muíño do Rañego, onde se celebrará unha mesa redonda na que intervirán os representantes das entidades promotoras. O evento, que será conducido polo xornalista Xulio Xiz, conta coa colaboración do Concello de Vilalba.
-
O escritor e xornalista Ramón Chao (Vilalba, 1935) recibirá o vindeiro 28 de agosto unha homenaxe popular na súa vila natal, como recoñecemento á súa traxectoria vital e profesional. O acto terá lugar no Paseo dos Soños da capital chairega, comezando ás 12 horas coa recepción que lle farán amigos e vecinos no Muíño do Rañego, onde se celebrará unha mesa redonda na que intervirán os representantes das entidades organizadoras.
-
Case 5000 persoas visitaron xa na Sede Afundación na Coruña «Exposyfy». A exposición, que reúne unha selección de pezas orixinais dalgúns dos títulos máis representativos da historia máis recente do cine fantástico e de ciencia ficción, foi levada a cabo pola canle Syfy e Propside.com. «Exposyfy» permanecerá aberta ata o 29 de agosto e pode visitarse en horario de luns a venres de 17.00 a 21.00 h e os sábados e festivos de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h.
-
A décima edición do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo, que organiza a asociación EoClásica, ofrece cinco concertos dende mañá, xoves, ata o vindeiro luns. Foi presentado hoxe no salón de plenos municipal, acto no que participaron a alcaldesa en funcións, Ana Martínez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, xunto co director do festival, Leopoldo Erice.