Agadic recibe á nova directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

A reunión, que se celebrou na sede da Agadic na Cidade da Cultura de Galicia, serviu, así mesmo, para a presentación formal de Vicente Mohedano e de Mabel Rivera, novos presidente e vicepresidenta, respectivamente, da AAAG.
Os dous profesionais encabezan desde o pasado 17 de xuño a renovada xunta directiva do colectivo que defende os intereses dos intérpretes galegos, órgano do que tamén entraron a formar parte Iria Sobrado, como secretaria, e os vogais Laura Míguez, Rebeca Montero, Ricardo de Barreiro, Guillermo Carbajo, Diego Freire e Federico Pérez.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia