Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Vía Láctea Filmes inicia na Rapa das Bestas a rodaxe de Sicixia, a nova película de Ignacio Vilar para o 2016

A produtora galega Vía Láctea Filmes presentou na Estrada o inicio da rodaxe da súa próxima película, Sicixia, que arranca coa toma de imaxes durante a celebración da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa no financiamento desta nova longametraxe que dirixirá Ignacio Vilar.

Despois do éxito que supuxo a adaptación cinematográfica de ‘A esmorga’, Vía Láctea acomete en Sicixia unha historia de amor e desamor situada na Costa da Morte, que toma como título o termo astronómico que se refire ao momento no que se aliñan os centros do Sol, da Terra e da Lúa.

No filme, protagonizado polos intérpretes galegos Monti Castiñeiras, Marta Lado, Sonia Castelo e Tamara Canosa, o rexistro dos sons propios de Galicia terán unha importancia especial, xa que a través deles se escoitará e se amosará a vida na Costa da Morte galega. Malia centrarse nesa zona do litoral galego, ‘Sicixia’ recollerá escenas doutras localidades da nosa xeografía, como é o caso da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo, celebración popular que será o especial escenario do inicio os traballos de rodaxe, a partir de mañá venres e ata o luns 6 de xullo.

O proxecto, que chegará previsiblemente ás pantallas a finais de 2016, obtivo en 2014 unha subvención de 260.000 euros no marco das axudas á produción e coprodución audiovisual que convoca a Agadic, dentro da categoría concreta dedicada a longametraxes cinematográficas. O director da Agadic, Jacobo Sutil, interveu por este motivo na presentación do inicio da rodaxe que se levou a cabo este mediodía na Casa do Concello da Estrada, acto no que tamén participaron o alcalde José López Campos, o director Ignacio Vilar, e parte do equipo actoral e técnico de ‘Sicixia’.

Fotografía: Vía Láctea.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información