Notas
-
A artista coruñesa Teresa Búa Samba acadou o primeiro premio na XIII edición do Certame de Artes Plásticas que convoca a Deputación de Ourense para artistas menores de 30 anos coa súa curtametraxe "Jeada".
-
Ata o 20 de agosto, o Castelo de Monterrei acollerá conferencias, visitas guiadas teatralizadas, actuacións musicais, unha gala de circo e mesmo actividades gastronómicas. As actividades lúdico-culturais realízanse logo das obras de rehabilitación do conxunto arquitectónico galego para a recuperación con usos culturais e turísticos.
-
Un total de 12 concellos galegos acollen ata finais de xullo as dúas propostas de dinamización lingüística incluídas na cuarta edición do programa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle destina á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Os Bolechas, na máquina do tempo chega a varios concellos no marco do programa "FalaRedes".
-
O evento, que se celebra os días 25 e 26 de xullo en Cabeza de Manzaneda, foi presentado na Deputación de Ourense e vense organizando desde 1991. O 25 de xullo celébrase tamén a Noite Celta.
-
Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos ofrecerán media ducia de actuacións a partir do 18 de xullo nas rúas de Burela, Sarria, A Baña, Melide, Marín e O Barco. Co apoio de Agadic e o lema Folclore na rúa, estas agrupacións sairán ao encontro dos espectadores para lles transmitir a esencia e a riqueza da cultura popular..
-
As empresas beneficiarias son Abano Producións, Agallas Films, Alfonso de la Puente Vaquero, Danga Danga, Ficción Producciones, Filomena 3D, Frida Films, Impulso TV, Maruxiña Film Company, Pulsa Control Z e Vía Láctea Filmes. Apóiase a preprodución de 8 longametraxes de ficción, 1 documental, 1 animación en 3D e 1 piloto de TV.
-
O secretario xeral de Cultura da Xunta participou en Cambados na inauguración da exposición coas obras finalistas da segunda edición do premio, á que se presentaron máis de 40 traballos de artistas nacionais e internacionais. Anxo Lorenzo destaca a contribución do certame de escultura Francisco Asorey á promoción e posta en valor da creatividade.
-
Deséñase unha nova distribución do recinto feiral para mellorar a experiencia dos creadores e do público no Pazo de Cultura de Pontevedra do 4 ao 6 de decembro. Agadic apoia economicamente o evento, no que volverá a contar cun expositor e onde se levarán a cabo as reunións executivas do novo programa Firma e filme.
-
Entre o 24 e o 26 de xullo reúnense na Illa de San Simón, por primeira vez en Galicia, artistas de catro continentes arredor do XIII Festival Sinsal Son Estrella Galicia. Caracterizado por unha proposta musical alternativa, o Sinsal “é un evento singular que vai máis alá dun festival ao uso, para ofrecer todo un acontecemento comunitario”.
-
As novidades editoriais comparten escenario con diversas actividades para lles achegar a todos os públicos o libro e a lectura. Máis de 50 escritores e profesionais do mundo do libro participan con sinaturas e presentacións de libros, coloquios e recitais poéticos ata o 12 de xullo neste evento cultural de referencia.