Notas
-
Favorecer a escrita dramática en galego e reactivar a radio como soporte artístico da creación contemporánea son os principais obxectivos do certame, dotado con 6.000 euros. Os traballos finalistas emitiranse durante o outono na programación da Radio Galega e serán publicados nun libro-CD. As bases pódense consultar nas webs www.crtvg.es e www.cultura.gal.
-
O conxunto histórico-artístico conta con máis espazo para a celebración do encontro, ao ser restauradas 8 edificacións máis nos últimos meses. A iniciativa “Artesanía no prato” achega a nova cociña galega ao sector artesán coas demostracións de catro recoñecidos chefs do Grupo Nove, que presentarán os seus menús en pezas de cerámica, madeira e téxtil.
-
Na Biblioteca Anxo Casal de Santiago de Compostela, vense de abrir ao público a exposición "Manuel Rodríguez López", sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.
-
Co capital da Fundación Gaiás constituirase un fondo xestionado pola Fundación Cidade da Cultura e dedicado íntegramente ao financiamento do programa cultural do Gaiás. A decisión permitirá suprimir duplicidades, simplificar o modelo de xestión e adecuarse á realidade da Gaiás, tras a decisión de non construír os dous edificios pendentes.
-
O libro de Joaquín Antuña é un compendio dos seus artigos, moitos deles publicados en Galiciadixital.com.
-
Outros catro artistas que participaron no proxecto ‘Olladas 2015’ sobre a pintora lucense ceden os seus traballos ao Museo lucense.
-
A primeira edición do evento, dirixido por Xaime Arias, celebrarase arredor da proxección de‘Os fenómenos no Graduate Centre da City University of New York, e dun acto socio-gastronómico no Instituto Cervantes. Academia Galega do Audiovisual, Galicia Calidade e TVG tamén apoian o evento para produtores, directores, distribuidores, prensa especializada e mercado de cine.
-
Os traballos pódense presentar ata o 23 de agosto, e as bases pódense consultar en: https://cuacfm.org/xvii-concurso-de-maquetas.
-
El curso, que se desarrolla hasta el viernes, 19 de junio de 2015, será impartido por el artista multidisciplinar Eugenio Ampudia, uno de los grandes nombres del arte contemporáneo español, que expone actualmente su obra en el Museo. El taller quiere aprovechar el proceso grupal para analizar las estrategias y el trabajo de los artistas desde un punto de vista conceptual y práctico.
-
“Os lobos do espacio”, “A magnifique bande dos homes sen medo”, o grupo de baile e música tradicional “Brincadeira” e a Banda Municipal de Agolada completan o programa de actuacións musicais do evento integral de divulgación e posta en valor da artesanía que se celebra nos Pendellos de Agolada do 3 ao 5 de xullo con actividades sobre os oficios galegos.