Notas
-
O Museu Nacional Machado de Castro na cidade de Coimbra acolle ata o día 30 de agosto a exposición audiovisual ‘Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago’. Trátase dunha exposición itinerante organizada por Turismo de Galicia que xa visitou as cidades de Lisboa, León, Astorga, Ponferrada, Villafranca e Oviedo e numerosas vilas galegas.
-
O secretario xeral de Política Lingüística e o autor Takekazu Asaka, o embaixador do galego máis famoso do Xapón, deron a coñecer a nova edición bilingüe galego-xaponés das sete cantigas de amigo do pergamiño Vindel en "Xograr Martin Codax", durante un acto celebrado no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
-
O conselleiro de Economía e Industria inaugurou a XXXII Mostra de Olería, coa que “Buño se converte durante uns días no foco turístico de toda a Costa da Morte” e un escaparate perfecto para o traballo dos artesáns oleiros e ceramistas e defende a súa importancia económica, sumando 14 obradoiros en Bergantiños e 71 en toda Galicia.
-
O encontro musical celebrarase na Catedral de Tui do 7 ao 9 de agosto, mesturando artesanía e música baixo o leitmotiv #contrastes, co obxectivo de dar visibilidade á diversidade de actividades deste ámbito. Cóntase coa presenza dos artesáns Idoia Cuesta, Premio Nacional de Artesanía 2014, e Xaneco, nun programa multidisciplinar dirixido a todos os públicos.
-
Remata xullo a ritmo do grupo Kolo e da Orquestra de Cámara Galega, e agosto entra con Is Tropical, nunha nova semana de Atardecer no Gaiás. A Cidade da Cultura acolle un ano máis á Orquestra de Cámara Galega, que protagoniza na Sala Eisenman un atardecer dedicado ao compositor Telemann, e Is Tropical presenta un potente directo con electro-pop bailable.
-
Está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra.
-
Trinta imaxes que transmiten unha visión artística da ciencia e a tecnoloxía conforman a mostra itinerante no claustro baixo do Colexio de Fonseca ata o 12 de setembro, logo de ser seleccionadas entre as 209 recibidas no concurso InvestigArte promovido por DivulgActiva e a USC.
-
A cidade herculina acolle do 1 ao 10 de agosto o evento, ao que o Anxo Lorenzo se referiu como “unha cita de referencia na axenda cultural de Galicia”. Presentacións e sinaturas de libros, conversas con escritores, encontros literarios, coloquios, espectáculos de maxia e contacontos centran a nova edición da feira.
-
Do 27 de agosto ao 5 de setembro, inclúense visitas guiadas, andainas e faladoiros sobre a singularidade da área arqueolóxica de Tourón, do gótico mariñeiro de Noia, do xacemento Aquis Querquennis de Bande e do templo lucense de Santalla de Bóveda de Mera. A descuberta sonora dos espazos corre a cargo de Leilía, Odaiko, Rodrigo Romaní e Talabarte Trío.
-
Do 30 de xullo ao 13 agosto, Agolada, Vila de Cruces e Lalín acollen concursos musicais, actuacións de recoñecidos artistas e grupos, así como unha festa de aniversario do festival, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación. Odaiko actúa en Lalín o 8 de agosto.