Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Gaiteiros de Galicia, Cataluña e Navarra participarán no VI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

Gaiteiros de Galicia, Cataluña e Navarra participarán os días 25 e 26 de xullo na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda no VI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Gabino García”, un evento promovido pola Deputación de Ourense e organizado polo Concello de Manzaneda coa colaboración da Xunta de Galicia e Oca Nova Manzaneda.

O Pazo Provincial acolleu a presentación do evento, un certame que a Deputación de Ourense ven organizando dende o ano 1991, inicialmente como Campionato Provincial de Bandas de Gaitas, logo como Campionato Nacional de Bandas de Gaitas, posteriormente como Liga Galega de Bandas de Gaitas e dende hai catro anos como Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.

O acto contou coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, e o director xeral de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.

Xosé Lois Foxo destacou do programa que o día 25 terá lugar a celebración da “Noite Celta”, na que actuarán a Banda de Gaitas do Centro Galego de Navarra, “Lapsus Gaita”, as Cantareiras da Real Banda, “Pol Lari & Meritxell Bayarri, e a Real Xuvenil. O día 26, entre as 11.00 e as 14.00 horas, terá lugar o certame coa participación das bandas “Flariz”, de Monterrei, “As Xuncos”, de Xunqueira de Espadanedo, as Bandas de Gaitas dos concellos de Verín, Riós, Vilariño de Conso e Manzaneda e a da Carballeira. O evento rematará coa entrega de diplomas e medallas.



Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información