Notas
-
Con el apoyo de la Embajada de España en Dubai, la propuesta creativa En tu línea, del escritor y creativo gallego Manuel Guisande, con fotos de Antonio Amboade, se inaugurará el próximo 29 de septiembre en la Artissima Art Gallery de la cita capital árabe para, posteriormente, a partir del 3 de octubre recorrer los otros seis emiratos.
-
En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o presidente do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o presidente visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. Teatro do Morcego presenta no Teatro Principal esta montaxe o domingo 27 de setembro.
-
O obxectivo desta nova reedición, elaborada pola profesora María José García Blanco, é fomentar os estudos xacobeos e o interese xeral cara á cultura da peregrinación, achegando ao público unha obra que é tan universal como galega. Investigación e literatura conforman os verdadeiros alicerces sobre os que se sostén o culto e a cultura xacobeos.
-
O filme de Rafael Toba abre un programa especial de proxeccións que se desenvolve todos os luns ata o 19 de outubro en Santiago de Compostela. Cooperativa de Cine e Documental propón esta obra que afonda na presenza árabe en Galicia a partir da historia dos colonos galegos que repoboaron o sur de Granada tras a expulsión dos mouriscos no século XVI.
-
A Agadic vén colaborando co Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que desenvolveu a súa duodécima edición o pasado mes de xullo no Auditorio Ilduara da vila ourensá. Durante catro días programáronse relatorios de destacados profesionais do sector, foros de debate, concertos e tres clases maxistrais.
-
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, organizador da Semana Internacional de Cine de Lugo, presenta o cartel das sesións infantís deste evento anual que elaboraron alumnos do colexio lucense Luis Pimentel. O grupo convida aos centros de ensino a levar gratuitamente aos seus rapaces ás sesións infantís da Semana de Cine.
-
Ana Pontón e Marcos Maceira reclaman modificar a lexislación para protexer o galego.
-
As obras seleccionadas conformarán a exposición, que se consolida entre as tres itinerantes máis importantes da península ibérica. Premiarán as mellores obras dos autores galegos e portugueses, así como ó mellor Novo Talento.
-
EsteNarúa celebrarase nas rúas de Ferrol o sábado 12 e domingo 13 de setembro, e conta con diversas manifestacións das artes escénicas coma o teatro, danza, música, zumba, clases de teatro, visitas guiadas pola cidade e unha exposición de pintura e fotografía no Hotel Carrís Almirante sobre o Camiño Inglés.
-
A iniciativa e é froito dun convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. O obxectivo é crear un produto turístico innovador, case inexistente no contorno rural, que poña en valor os recursos, a cultura e as tradicións desta zona turística.