Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Preestréase en Compostela o documental Alpuxarras, en Cinco miradas desde Oriente

O documental 'Alpuxarras', producido por Cooperativa de Cine e Documental baixo a dirección de Rafael Toba, preestréase en Santiago de Compostela, na que será a sesión inaugural do ciclo 'Cinco miradas desde Oriente', no Hotel Eurostars Araguaney, sede deste programa cinematográfico de temática árabe que se desenvolve todos os luns ata o 19 de outubro baixo a organización do Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL e a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

O filme contou para a súa realización co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través das subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) á produción e coprodución audiovisual. Así o sinalou o director da Axencia, Jacobo Sutil, na presentación de 'Cinco miradas desde Oriente' e desta preestrea, na que compartiu mesa con Ghaleb Jaber Martínez, director do festival AMAL, e con Rafael Toba.

Ollada histórica

O responsable da Agadic subliñou o feito de que este documental lles achegue aos espectadores un momento histórico aínda moi descoñecido: a repoboación das Alpuxarras granadinas con colonos cristiáns, principalmente galegos, tras a expulsión dos mouriscos no século XVI. Como explicou o realizador Rafael Toba, a fita aborda tamén a pegada beréber en Galicia e analiza os costumes sociais, a toponimia e a presenza xenética que aínda perduran.

Sutil felicitou, así mesmo, a Ghaleb Jaber Martínez por este novo ciclo cinematográfico, que se celebra como antesala do Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL e que vén ofrecerlle “un espazo adicional de difusión ás obras que non teñen fácil acceso ás pantallas do país”.

'Cinco miradas desde Oriente' continuará o vindeiro luns coa proxección de 'El gran robo de libros', de Benny Brunner, mentres que nas seguintes xornadas o público poderá ver o documental sobre a guerra de Siria 'Return to Homs', a película de Arabia Saudí 'La bicicleta verde' e a fita francesa 'La fuente de las mujeres'. Todas as sesións, de entrada libre ata completar a capacidade da sala, están programadas ás 20.30 horas no Hotel Eurostars Araguaney e incluirán un coloquio posterior arredor da temática que abordan os filmes seleccionados.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información