Notas
-
A Fundación Eugenio Granell de Santiago acolle a exposición da obra dos oito mozos finalistas na disciplina de deseño de xoias do Xuventude Crea que na edición de 2015 reuniu a máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos en 11 especialidades: música, teatro, deseño de xoias, moda, artes plásticas, fotografía, videocreación, banda deseñada, graffiti, poesía e relato breve.
-
A programación desta nova sección fixa dedicada ao cineasta galego terá continuidade noutros puntos da provincia de Ourense con actividades nos concellos de Celanova, Cartelle e O Carballiño. Tamén se creará unha fundación que levará o seu nome e que permitirá divulgar e poñer en valor o seu legado.
-
Editada con motivo da declaración como Patrimonio Mundial dos camiños Norte e Primitivo, servirá para alcanzar a Compostela.Esta edición da credencial, promocionada por Lugo Monumental, conta co patrocinio de La Voz de Galicia, autorizado excepcionalmente para a ocasión polo Cabildo da Catedral de Santiago, e coa colaboración do artista lucense Chencho Pardo, deseñador do documento, e do Bispado de Lugo.
-
Preséntase no Centro Ramón Piñeiro de Santiago a publicación "As razóns do galeguismo autonomista-Xosé Fernando Filgueira Valverde", escrito por Manuel Regueiro Tenreiro e Fernando Regueiro Pérez. Tendo en conta a vixencia das ideas de Filgueira Valverde, 79 anos despois, e a actual preocupación pola situación política, a publlicación revisa o seu pensamento.
-
O rexurdir da música popular dos anos setenta coincidiu cun cambio de ciclo que tamén lle afectou á fabricación dos propios instrumentos musicais. O encontro dálle voz a Álvaro Seivane, Xaneco Tubío, Oli Xiráldez e César Loureiro que falarán de recuperar a tradición pero tamén de innovación.
-
A exposición composta por 16 proxectos na especialidade de fotografía e outros tantos na de artes plásticas que comprende pintura (9) e escultura (7), poderá visitarse ata o vindeiro 28 de novembro. O certame Xuventude Crea “estimula e apoia o talento, a imaxinación e a creatividade dos mozos e mozas galegos”.
-
No marco da 29ª edición do festival Cineuropa, o xoves, 12 de novembro, ás 21:00h no Auditorio de Galicia, proxéctase o filme A woman of affairs (A muller lixeira), dirixido por Clarence Brown e con música de Carl Davis. Mediterránea proxéctase simultáneamente en 8 cidades europeas no LUX Film Days.
-
A escritora ourensá Yolanda López presentou o seu último poemario, “Con el tambor del viento”, na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, acto no que falou da creación do libro, editado por Huerga&Fierro Editores. A autora recitou algúns dos seus poemas co acompañamento musical do guitarrista Federico Rico.
-
David Otero, escritor, mestre e militante cultural será nomeado Chairego de Honra o sábado, 7 de novembro, en Vilalba, pola Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María.
-
Abreuse ao público na Biblioteca Provincial de Pontevedra “Antonio Odriozola” (Alfonso XIII, 3) a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.