BNG e MPNL piden poñer en práctica a declaración en defensa do galego asinada por todas as forzas políticas
A parlamentaria do BNG, Ana Pontón e o presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira reclamaron en sede parlamentar poñer en marcha as medidas recollidas na Declaración en defensa do galego asinada por todas as forzas políticas o 15 de xullo.
A nacionalista lembrou que a Declaración incide en retomar iniciativas para normalizar o galego polo que reclamou que a Xunta dea pasos para dar credibilidade ao que propio Partido popular asinou co resto das forzas políticas.
Catro requisitos mínimos en defensa do galego
A deputada entende que a Declaración fai un chamado a rectificar a política lingüística que aplicou o Partido popular nos últimos anos e para o BNG e a Mesa pola Normalización Lingüística, dixo, existen catro cuestións básicas que deben ser abordadas: “ Elaborar un novo decreto do uso do galego no ensino, abrir novos espazos de presenza do galego nos medios de comunicación, recuperar a proba do galego eliminada polo PP para o acceso á función pública e restituír nos vindeiros orzamentos a cifra do ano 2009, entorno aos 20 millóns de euros, para a Secretaría de política lingüística. Estes, dixo, “serían uns compromisos mínimos que debería levar adiante o Partido popular” para dar cumprimento efectivo e real a Declaración impulsada pola Mesa de Normalización Lingüística.
A parlamentaria recalcou que o galego está “nun momento crítico” e a Xunta debe actuar cumprindo as normas e as leis. O ensino, explicou, é unha peza fundamental e os propios datos da Xunta corroboran que un de cada catro menores de quince anos non sabe falar en galego o que evidencia que o “sistema educativo non garante o establecido polo Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística”.
Pontón concluíu anunciando a presentación de diversas iniciativas parlamentarias reclamando un cambio no Decreto do uso do galego no ensino e unha modificación da lei de Función pública para que a administración galega sexa más activa na defensa dos dereitos lingüísticos dos galeg@s falantes.
Marcos Maceira pide modificar a lexislación ante o retroceso do uso do galego
Pola súa parte, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira avanzou que no último trimestre do ano intensificarán os contactos con todas as forzas políticas co fin de pasar a Declaración asinada no mes de xullo, “do papel a realidade”.
Maceira sumou os contactos aos concellos galegos e organizacións sociais e culturais que comparten a preocupación pola situación do galego. É hora xa, dixo, de “concretar as medidas da Declaración para eliminar os obstáculos que impiden avanzar conxuntamente como pobo para un novo acordo a favor do galego”, entre os que destacou: O actual decreto do ensino, a reforma da función pública que elimina a proba do galego así como a vulneración dos dereitos lingüísticos como aconteceu onte mesmo en Gondomar no que un cidadán foi informado pola Garda Civil que “unha denuncia non pode ser tramitada se non é en español”.
O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística insistiu na necesidade de modificar a lei de Función pública así como todas aquelas que vaian nesa dirección. Asemade, recalcou a necesidade de normalizar o galego e a Declaración, reiterou, “ é un paso para concretar medidas” nesa liña.
Maceira tamén denunciou o acontecido cunha menor no Centro Hípico Casas Novas en Arteixo á que lle impediron utilizar o galego con normalidade.
Finalmente, o presidente da MNL defendeu a lingua galega como “o maior sinal da nosa identidade” e se queremos que o noso pobo progrese no ámbito social, económico e político debe defender a súa lingua, “non queremos que Galiza fique a trás nesta cuestión”, manifestou.

Gabinete de Comunicación do BNG