Notas
-
A AAAG celebrou eleccións á Xunta Directiva na que Mabel Rivera repetirá como vicepresidenta e Iria Sobrado, como secretaria. Complétase con Santi Romay, Laura Míguez, Machi Salgado, Sheyla Fariña, Diego Freire, Marta Lado, Martín Máez, Susana Sampedro e Toni Salgado. Nieves Rodríguez formou parte de series como Rías Baixas ou Pazo de Familia e movies como Más que hermanos.
-
Este nuevo montaje teatral ayudará a transmitir a los más pequeños cómo sus decisiones pueden influir en la economía familiar. Está previsto que asistan a las representaciones 9.000 escolares de toda Galicia. Esta nueva propuesta escénica se presenta bajo el título ‘Laberinto’ y ha sido encargada por Abanca a la compañía teatral Zarándula.
-
O proxecto AAMA de Francisco Ramallo gaña a V Convocatoria de Intervencións Artísticas neste espazo, convocada entre os participantes do último Encontro de Artistas Novos. O artista pretende que esta iniciativa se converta nunha ferramenta para loitar contra o esquecemento arquitectónico, á vez que nun lugar de investigación e reflexión.
-
Os representantes dunha trintena de entidades e produtoras galegas e portuguesas están a participar hoxe en Ourense no III Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia que, por terceiro ano consecutivo, organizan a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).
-
Hordas de escritura (Xerais, 2008) é o mellor libro de poesía da década. Así o considera o veredicto do Premio Mondoñedo 10 deste ano, que lle se entrega o domingo 22 de outubro á académica de número Chus Pato. O Premio Mondoñedo 10 foi creado en 2016 para recoñecer cada 10 anos o mellor traballo nunha modalidade creativa.
-
O Colexio de Fonseca acubillará ata o 10 de decembro a mostra ‘A intimidade da imaxe’, unha produción do Consello da Cultura Galega coa que colabora a Universidade de Santiago. Trátase dunha escolma de fotografías que Anna Turbau (Barcelona, 1949) realizou en Galicia entre 1975 e 1979. Anna Turbau chegou a Galicia en 1975 para retratar unha serie de vivendas para familias xitanas construídas en Poio por César Portela e Pascuala Campos.
-
Clases maxistrais, obradoiros, presentacións, noites gastronómicas, exposicións, e unha ducia de artistas chegados de todo o mundo. Todo iso conforma a programación do II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que se celebra do 9 ao 12 de novembro en Compostela. Os artistas convidados debuxarán en diferentes espazos da cidade.
-
As terceiras xornadas de novas narrativas celebraranse o xoves 19 e o venres 20 de outubro no Centro de Estudos Avanzados e na Casa de Europa da USC. A finalidade é ofrecer unha visión ampla do fenómeno transmedia e das novas narrativas que xorden arredor dos conceptos clásicos de adaptación e intermedialidade.
-
A Real Academia Galega (RAG) recibiu en doazón material léxico autógrafo do Diccionario gallego-castellano de Marcial Valladares (A Estrada, 1821-1903), obra fundamental da lexicografía galega do século XIX e referencia imprescindible para os dicionarios elaborados posteriormente. O manuscrito está composto por medio cento de pregos.
-
Ballerina proxéctase o 15 de outubro como arranque desta programación, que se estende ata o 25 de novembro con 100 años de perdón, Migas de pan, Sicixia e María (y los demás). O ciclo insírese no programa de actividades musicais, escénicas e audiovisuais promovidas a través dun protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia e a Fundación Pazo de Mos.