Notas
-
Esta obra audiovisual, na que colaborou CCOO, preséntase en Compostela e Ferrol. 'Vigo 1972, a hora da memoria' relata os sucesos de setembro de 1972, hai 45 anos. Seis meses despois do asasinato de Amador Rey e Daniel Niebla en Ferrol, abatidos pola policía franquista, a mecha da reivindicación prendeu en Vigo cunha folga xeral que durou tres semanas e na que participaron máis de trinta mil traballadores.
-
Comeza en Bueu o ciclo ‘Un vermú por Vindel’, que leva ás librarías conversas arredor das cantigas de Martín Códax. Continúa en Baiona o obradoiro ‘Pergamiño Vindel e a música no tempo de Martín Códax’, unha charla-concerto a cargo do grupo Pres de Cambrai. As travesías ‘Ondas do mar de Vigo’ pechan unha actividade na que xa participaron 600 persoas.
-
A mostra, que chega á Cidade da Cultura o 27 de abril, exhibe unha escolla de imaxes de contido social e de retratos de escritores e intelectuais. Juan Manuel Bonet compromete os esforzos do Instituto Cervantes para dar a coñecer dentro e fóra de España a un interesante referente na fotografía do século XX.
-
Visitas guiadas, xornadas de portas abertas, pezas do ano, difusión de documentos dixitalizados como o Himno Galego gravado en Barcelona no ano 1919.... son moitas e moi variadas as iniciativas que Bibliotecas, Arquivos e Museos de Galicia organizan para celebrar o Día do Patrimonio que se celebra o 16 de novembro.
-
O sábado, 18 de novembro, en Vilalba, preséntase o libro "Mini e Mero: labrando para sementar", con motivo da homenaxe que se lles rende no Paseo dos soños vilalbés, onde desde agora terán o Hectómetro Literario número XII.
-
A Real Academia Galega amosa na súa páxina web os debuxos realizados por Claudio Varela para o attrezzo da estrea da peza teatral de Álvaro Cunqueiro O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, representada por primeira vez no teatro Colón da Coruña no ano 1959. A institución súmase así á celebración en Galicia, o 16 de novembro, do Día Internacional do Patrimonio Mundial, creado pola UNESCO hai 45 anos para promover a reflexión sobre a importancia dos bens culturais e da súa protección e conservación.
-
Maruxa Boga. Recordando a Galicia, de aCentral Folque, afonda na figura desta muller pioneira da radifodifusión e no programa máis popular e lonxevo da radio galega na Arxentina, apadriñado por Castelao. Presentouse na sede do Consello da Cultura Galega coa actuación de Alejandro Vargas ao piano e a voz de Alba María.
-
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, celebra o Día das Librarías apostando pola recomendación persoal dos libreiros. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou en Vigo dúas novas iniciativas arredor do Pergamiño Vindel, en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia.
-
Modelo x armar, a nova exposición do CGAC reúne pezas dunha trintena de artistas desde a década dos sesenta ata hoxe, como Menchu Lamas, Manolo Paz, Lamazares, Pamen Pereira, Leiro, Mampaso e Mónica Alonso. Comisariada por Santiago Olmo, a mostra pode visitarse ata o 25 de febreiro de 2018.
-
InquEDU está dirixida a toda a comunidade escolar; mestres, estudantes e familias que se reunirán en torno ao debate sobre a divulgación e a reflexión en torno á innovación educativa. A diversidade sexual, a cuestión de xénero, a música, os idiomas e a afectividade nas aulas protagonizan as presentacións e charlas que se celebrarán o 1 de decembro no Gaiás.