Notas
-
O Ramón Piñeiro, o ICE e a AELGA convocan para os días 10 e 11 de novembro esta acción formativa baixo o título “Literatura e memoria: Carlos Casares no ensino”. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de novembro. O curso aborda a faceta do escritor como educador e escritor de literatura infantil e xuvenil.
-
Quedamos na casa! é o nome dunha iniciativa impulsada pola Área de Cultura da USC que, xa por segundo ano consecutivo, busca dar visibilidade a todas as actividades e servizos que á súa comunidade. O edificio a “ocupar” é un dos máis singulares do patrimonio da universidade: a Casa de Europa.
-
O escenario compostelán ofrece dúas funcións de ‘Exilio das moscas’ o xoves e o venres, e outras dúas de ‘Tras Tannhäuser’ o sábado 30 de setembro e o domingo 1 de outubro. Esta nova compañía galega de teatro experimental e novas dramaturxias traballa na sede do Centro Dramático Galego dentro do seu programa de residencias.
-
Os máis de 1.000 espectadores que asistiron ás proxeccións da Sección Oficial, puideron dar o seu voto a cada unha das películas a concurso exhibidas (puntuación de 0 a 3), sendo a gañadora Bajo la Rosa. Máis de 4.000 persoas asistiron ás proxeccións no Auditorio Gustavo Freire e outras 1.500 as que asistiron ao resto de salas da 39ª SICA de Lugo.
-
Turismo de Santiago participa con dous mostradores na Tourismo Expo Japan 2017, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 21 e o 24 de setembro en Tokio. O primeiro mostrador sitúase no stand de Turespaña, no pavillón de Europa. O segundo ubícase no pavillón xaponés, no stand da prefectura de Wakayama.
-
Organizadores da Semana de Cine de Lugo aplican a ironía para "agradecer" á Consellería de Cultura da Xunta, a través de Agadic, o seu apoio á Semana de Cine... de Ourense, en detrimento do evento lucense, o máis antigo de Galicia.
-
Nesta novena edición, que se celebrará o mércores 20 de setembro ás 20.30, a compañía Lucecús Teatro representa “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”. A entrada será libre até completar o aforo do Teatro Rosalía de Castro. Goretti Sanmartín destacou o traballo continuado da Fundación Manuel María na difusión da obra do autor.
-
Silvia Penide presenta no CGAI o seu novo videoclip dunha das súas cancións, Sobre el mismo alambre, na que colabora Eladio Santos, de Eladio y Los Seres Queridos, dirixido por Miryam Pato, ceradora audiovisual galega na que Silvia confiou plenamente para plasmar a canción.
-
Sesión DJ, petiscos e viño para unha descuberta diferente, distendida e á noitiña das exposicións ‘Flor Novoneyra’ e ‘Da árbore á cadeira’ coa intención de crear un ambiente de relax no que serán guiados. Os participantes terán a oportunidade de experimentar eles mesmos coa arte coa técnica do láser-grafiti. As Nocturnas propoñen uns venres noite de ocio, música pero sobre todo, moita arte.
-
Os documentos cedidos pola familia Baltar Tojo completan os fondos que custodia o arquivo das diversas xuntas e deputacións constituídas en Galicia a comezos do século XIX. Os libros están accesibles no Arquivo Dixital e destaca o seu valor patrimonial para a investigación e historia de Galicia.