Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

As Torres Hejduk acollerán un arquivo sonoro da arquitectura galega desaparecida

O proxecto AAMA (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica) vén de ser elixido gañador da V Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, certame organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e aberto a todos os participantes no VII Encontro de Artistas Novos (EAN7), entre os que se atopaba Francisco Ramallo, titular da proposta galardoada.

Este doutor en Historia da Arte e licenciado en dereito pola Universidade de Granada procura co seu proxecto que as Torres Hejduk se convertan nun arquivo que sirva de “ferramenta” para loitar contra o esquecemento da arquitectura galega desaparecida, á vez que suporían un espazo para a “investigación e reflexión”, ao recoller pequenos relatos sonoros dos galegos e galegas que experimentaron nestes edificios agora xa non existentes.

Tales voces serán recompiladas polos artistas galegos que pasaron polo EAN7, que exercerán de intermediarios entre as testemuñas e os seus lugares de orixe e o seu novo arquivo, levando a cabo un labor de selección de experiencias relativas aos edificios desaparecidos no territorio galego.

Edificios icónicos desaparecidos

Entre as posibles arquitecturas desaparecidas nas que versará o proxecto, o artista apunta ao Edificio Castromil, en Santiago de Compostela, construído en 1922 e derrubado en 1974; Fábrica de lapis de Ferrol Vello, construída en 1933 e derrubada en 2012; Atlántico Hotel, na Coruña, construído en 1923 e derrubado en 1967; o Convento das Adoratrices, en Ourense; ou o Hotel Continental, en Vigo.

O resultado, segundo Francisco Ramallo, conformará un arquivo sonoro aberto de arquitectura galega desaparecida, coa posibilidade constante de incorporar voces novas coas que continuar a engrosar un patrimonio inmaterial, elaborado a partir de pequenas historias dos e das que tiveron contacto cos edificios galegos desaparecidos.

O artista explica que a orixe deste proxecto está na consideración da Cidade da Cultura (e as Torres Hejduk) como un lugar de encontro de “grandes relatos arquitectónicos”, entre a “posmodernidade urbana”, representada por Peter Eisenman e John Hejduk, e o Santiago de Histórico: “A Cidade da Cultura ‒afirmou‒ mira á antiga cidade de Santiago e as Torres Hejduk --consideradas polo propio creador das mesmas como “a igrexa sen corpo”-- miran ás torres da Catedral de Santiago”.

Deste xeito, a intención do proxecto de Francisco Ramallo é que as Torres Hejduk se convertan nun novo “recipiente arquivístico” a medio camiño entre o metafórico e o documental, “que rescatará tales edificios (os desaparecidos) e se sumará á tarefa de conservación e difusión do conxunto da Cidade da Cultura, representado nas institucións da Biblioteca e Arquivo de Galicia, que custodian algún dos máis representativos legados culturais galegos (Isaac Díaz Pardo, a biblioteca de Basilio Losada, etc).

A intervención de Francisco Ramallo inaugurarase, como é costume, o derradeiro día dos VIII Encontros de Artistas Novos, que se celebrará no verán de 2018 e estará aberta tres meses, con entrada de balde.

Na actualidade, aínda está activa, e ata o 26 de novembro, a intervención gañadora do ano pasado, ‘A través dun horizonte sen corpo’, de Fredy Solano, que fai emerxer entre as Torres Hejduk unha terceira ‘non existente’, grazas a unha malla de fío de rede tinguida de cores.

Investigador, autor, docente e deseñador

Francisco Ramallo é Doutor en Historia da arte pola UGR. Realizou másteres en Linguaxes e poéticas da arte contemporánea, en Investigación e produción en arte, en Xestión cultural e en Estudos literarios nas universidades de Granada e Madrid.

Tamén levou a cabo diferentes estancias de investigación na City of New York University (NYC), que concluíron coa publicación de El espacio como categoría surrealista en la producción artística contemporánea.

Ademais, é autor de publicacións como: Espacio hostil y género en 1931: una novela de Miquel Llor y una fotografía de Claude Cahun; Ciudad postmoderna, ciudad surreal; ou La superposición de ciudades como característica surreal del urbanismo postmoderno.

Actualmente é profesor de Arte contemporánea en Boston University Madrid e na University of California (Davis) de Madrid, actividade que compaxina co seu labor de comisario independente (proxecto ‘Ut pictura’ en 2017, proxectos para Photoespaña durante os anos 2015, 2016 e 2017, ‘Creadores. La Térmica’ 2016, proxectos performáticos #nodrama na Galería No estudio 2015, etc.), así como a titorización de artistas (La Térmica). Deseñou o módulo de arte contemporánea do Máster en Mercado, Axentes e tendencias da arte actual da UMH, onde tamén é docente, e desempeñou nos últimos anos o labor de asesor e documentalista en diferentes institucións (SECC, Fundación Lorca, etc.).
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información