Notas
-
Promovida pola Fundación Carlos Casares co apoio da Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2017, a exposición abre hoxe as súas portas no Museo de Pontevedra, onde permanecerá ata o 26 de novembro.
-
O Teatro Municipal de Tui acolle o venres 10 de novembro unha dobre función de “Redondo” unha obra de teatro para bebés que chega da man de Caramuxo Teatro. Unha esfera agocha historias sorprendentes que poderemos descubrir nunha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia durante 30 minutos. A Mr. Round o seu protagonista fascínanlle os obxectos redondos. Juan Rodríguez da vida a esta obra de teatro para bebés que dirixe Laura Sarasola.
-
O festival abrirase coa gran diva internacional da ópera Cristina Gallardo Domas o vindeiro 24 de novembro, que estará acompañada ao piano por Juan Durán, un dos mellores compositores galegos da actualidade, e xuntos amosarán “Puentes de Amor”, os temas que compoñen o disco que grabaron o mes pasado na cidade.
-
Organízanse dúas lecturas dramatizadas en Santiago de Compostela dentro do XXI Ciclo de Lecturas Dramatizadas, promovido pola SGAE a nivel estatal e que ten como obxectivo promocionar os autores para a difusión das súas obras, así como apoiar os dramaturgos e estimular a creación.
-
A investigación financiada polo MINECO Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): Cidades do Eixo Atlántico, que dirixen os profesores da USC Carlos Villanueva e Javier Garbayo, organiza en Santiago un simposio sobre o movemento migratorio dos músicos galegos a América.
-
Celébrase unha nova edición do recital “Poetas Itinerantes”, no Pipa Club de Barcelona. Trátase dun encontro promovido polo Consello da Cultura Galega, o Instituto Ramón Llul e o Instituto Etxepare que xunta poetas galegos, catalás e vascos. Este evento cultural procura tender unha ponte máis cara a un futuro intercultural e multilingüe.
-
A Filmoteca de Galicia recupera a obra dos cineastas lusos António Reis e Margarida Cordeiro na súa última carteleira bimestral de 2017. O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) pecha o ano cun ciclo dedicado ao cineasta Jean-Pierre Melville, máximo referente do polar, o cine negro galo.
-
Do 7 ao 28 de novembro, Compostela acolle a trixésimo primeira edición do festival Cineuropa. 264 filmes e 17 seccións nun certame que medra en proxeccións, número de premiados, xornadas e espazos de exhibición, e que mantén a aposta pola calidade cinematográfica dos anos anteriores. Inaugúrase co filme La Villa, do ealizador francés Robert Guédiguian, no Teatro Principal.
-
O festival Agustín Magán celebra a 16ª edición cos espectáculos de seis grupos de teatro afeccionadoEntre o 29 de outubro e o 1 de novembro, o Salón Teatro e o Teatro Principal de Santiago acollerán a programación deste ano, que tamén inclúe actividades de rúa. Lohengrin Teatro, Paso de Valverde, Teatro Escoitade, Axóuxere Teatro, Andaravía Teatro e O Aturuxo de Melpómene son os grupos protagonistas do festival.
-
Os fisterres europeus teñen entre si unha parentela que é algo máis que xeográfica. Acontece con Irlanda ou Escocia, pero tamén con Bretaña. Según os estudos, unha inmigración de orixe bretona instalouse na alta idade media nas rexións setentrionais de Galicia e unha constante relación por mar foi mantida entre os portos galegos e os bretóns.