Notas
-
Comeza en Pontevedra a cuarta edición da xornada “Bo e mal uso do mar”, que pon o foco nas mulleres que se dedicaron aos oficios do mar, á investigación en ciencias mariñas e en educación para a sustentabilidade oceánica. A xornada, que conta con 200 inscritos, poderase seguir en directo desde o web da Universidade de Vigo.
-
Na inauguración da 10ª edición do Culturgal, a principal feira en materia de cultura de Galicia que se celebra no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra, o conselleiro destacou esta iniciativa para construír país e para construír cidadanía, dado que se trata dunha feira pensada, ao tempo, para os profesionais dos diferentes sectores implicados e para o público.
-
O 13 de decembro, o Consello da Cultura Galega (CCG) celebra a xornada Poetas itinerantes: encontro de poesía galega e catalá. Os poemas de Anna Gual, Joan Pons, Blanca Llum Vidal, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial daranse a man na capital de Galicia, nun acto presentado por Mercedes Queixas, secretaria da Asociación de Escritores-AELG.
-
"Il segreto di Susanna" estréase o 16 de decembro no Teatro Principal de Compostela. A dirección escénica recae en Pazó. Il segreto di Susanna é unha ópera cómica nun acto. Un tour de force dun pequeno segredo que vai medrando á par que a inseguridade e a desconfianza de Gil, o marido de Susana; un matrimonio do noroeste italiano de Piamonte.
-
A ourivería dos castros: novos paradigmas, é a nova sesión programada polo Consello da Cultura Galega (CCG) coordinada por Xosé Lois Armada e organizada pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais. A ourivería é unha das manifestacións máis salientables da cultura dos castros do noroeste.
-
O conselleiro de Cultura e Educación asinará un Memorando de Entendemento coa Asociación Nacional de Universidades e Institucións de Educación Superior mexicana (ANUIES). Reunirase con persoeiros do mundo educativo e cultural de América Latina. Así mesmo, apoiará a presenza de editores e autores galegos nun dos meirandes encontros editoriais do mundo.
-
Marilar Aleixandre é a gañadora do premio Raíña Lupa na súa úndecima edición. A escritora e académica de número fíxose con este galardón convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña coa novela A filla do minotauro, coa que se converte na primeira muller en ser recoñecida neste certame de literatura infantil e xuvenil.
-
Santiago de Compostela acolle os días 28 e 29 a segunda edición do MMP: Música e Movemento Partillados, un encontro cultural universitario das universidades galegas e as tres do norte de Portugal que se desenvolveu por primeira vez en 2016 na cidade portuguesa de Vila Real, sede da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD).
-
Más de 3100 alumnas y alumnos de 3.º y 4.º curso de educación primaria de 46 centros escolares de Pontevedra y provincia disfrutan hasta el 22 de noviembre de esta producción en gallego de Teatro dos Ghazafelhos. Rubicundo es una producción de Teatro dos Ghazafelhos que cuenta una historia sobre la amistad, la constancia y la poesía.
-
Alberto Ramos, xornalista compostelán, xa gañara o Premio Risco en 2012 coa súa obra “Todos os días”. Na edición deste ano, gañou por maioría cunha obra de corte filosófico, onde concede un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados. A obra gañadora levará 6.000 euros e a publicación de 150 exemplares do libro.