Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O festival Agustín Magán celebra a 16ª edición cos espectáculos de seis grupos de teatro afeccionado

O Festival Agustín Magán regresa un ano máis a Santiago de Compostela cunha mostra do teatro amador que veñen realizando en Galicia os grupos afeccionados. Os días 29, 30 e 31 de outubro, e o 1 de novembro, o Salón Teatro e o Teatro Principal acollerán a representación das obras finalistas da décimo sexta edición do festival, unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación –a través da Secretaría Xeral de Cultura e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)– e que conta tamén co apoio do Concello de Santiago de Compostela.

Obras de diversos estilos e temáticas, que van desde o musical infantil ata o drama lorquiano, pasando pola fábula dramática conforman o cartel da décimo sexta edición do festival, no que seis grupos de teatro afeccionado procedentes de distintas localidades da xeografía galega amosarán desde o domingo e ata o vindeiro mércores as súas propostas.

Propostas escénicas para todos os públicos

A programación comeza este domingo, nas inmediacións do Teatro Principal e do Salón Teatro, con animación de rúa a cargo de Lohengrin Teatro. A formación representará ás 18:00 horas o espectáculo A mirada das bolboretas. As funcións do domingo proseguiran no Teatro Principal. Ás 19:00 horas será a quenda do Grupo de Teatro Paso de Valverde, de Arteixo, coa obra Ás portas, e Teatro Escoitade, de Vigo, pechará a xornada ás 21:00 horas coa fábula dramática Peer Gynt (suite primeira), ambas para todos os públicos.

O luns, o festival comezará a semana no Salón Teatro, ás 19:00 horas, coa compañía Axóuxere Teatro, que levará a escena a obra Quero ser maior!, un espectáculo infantil para nenos e nenas a partir de 7 anos. A sede do Centro Dramático Galego tamén será o escenario do espectáculo do martes, a comedia Maniféstate!, a cargo de Andaravía Teatro.

A xornada de clausura do festival, o mércores 31de outubro, ofrecerá dous espectáculos. O primeiro, ás 19:00 horas, no Teatro Principal, contará co grupo O Aturuxo de Melpómene, de Narón, para interpretar a comedia Misterios. Finalmente, o Agustín Magán baixará o pano da súa 16ª edición ás 21:00 horas no Salón Teatro, con Bernarda, de Lohengrin Teatro. As entradas para cada función poden adquirirse a un prezo de 3 euros.

Novo pulo para o teatro amador

Desde o seu nacemento, a Federación Galega de Teatro Afeccionado foi ampliando e consolidando un espazo propio para ao teatro afeccionado galego. Por unha banda, procurando a mellora da calidade do teatro amador a través da formación e da celebración das Xornadas de Teatro. Por outra, estimulando a ampliación, diversificación e mellora dos espazos destinados ao teatro, creando unha programación teatral estable no territorio galego e tamén traballando na proxección nacional e internacional do teatro amador galego por medio da colaboración e intercambio con outras entidades nacionais e internacionais.

Para contribuír con estes obxectivos, a Consellería de Cultura e Educación vén colaborando, a través da Secretaría Xeral de Cultura e da Agadic, coa actividade desenvolvida por Fegatea nos últimos anos, que inclúe, entre outras, actividades xa consolidadas como a Mostra Fegatea Móvete, o Festival Agustín Magán e o Circuíto Galego de Teatro Afeccionado.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información