Notas
-
O Centro Dramático Galego (CDG) aposta polas obras de Ramón María del Valle-Inclán. En 2018 estrearase a primeira versión en galego da obra Divinas palabras, o fito principal da programación do CDG nesta temporada. Anunciouse na tradicional ofrenda floral no cemiterio de Boisaca polo aniversario do pasamento do autor, referente literario. -
As redes de teatros e auditorios, de salas e de música ao vivo sumaron 853 actuacións, mentres que o circuíto Cultura no Camiño ofreceu 371. As programacións desenvolvidas polo CGAI, Centro Dramático Galego, Cinemas de Galicia e os mercados Galicia Escena Pro e Conecta Fiction achegáronlle ao público 518 citas culturais por toda Galicia. -
Abre ata o 22 de xaneiro o prazo de solicitude cara á selección dos 10 autores e autoras desta primeira edición da iniciativa, que xurde ao abeiro do programa de apoio á dramaturxia galega contemporánea ‘Dramaturxente’. De entre as obras resultantes, elixiranse tres para ser levadas a escena conxuntamente como nova produción propia do CDG. -
O xornalista vilalbés Xulio Xiz recibiu a Medalla de Ouro de Vilalba nun acto celebrado no auditorio Carmen Estévez da capital chairega. O alcalde da vila lucense, Agustín Baamonde, fíxolle entrega desta distinción polos anos de apoio incondicional á actividade cultural e social. O xornalista fixo do seu discurso de agradecemento unha "declaración de amor" á súa Vilalba natal. -
A sala de exposicións da Delegación da Xunta en Lugo acolle a mostra das obras presentadas ao certame galego de arte José Domínguez Guizán, vencellado ao Belén de Begonte. -
Publícanse as bases dos tres certames e ábrese ata o 10 de maio de 2018 o prazo de recepción de orixinais. Os galardóns, que suman unha dotación económica total de 24.000 euros, buscan estimular e recoñecer a creación literaria no eido teatral. Os tres premios comparten como obxectivo servir de estímulo á creación literaria no eido dramático galego. -
Afundación presenta, en colaboración con Claqueta Coqueta Producións, el proyecto de Rubén Riós «Vida», formado por el cortometraje Vida y el documental sobre su proceso de grabación, Máis ca vida. Se trata de dos piezas audiovisuales en las que la ficción y el documental se entrelazan para ofrecer una cuidada visión de las complejas relaciones humanas, en este caso con protagonistas con capacidades diversas. -
Cun 48% dos votos, afouteza é a Palabra do Ano 2017 con 3.004 votos dos 6.228 desta edición do Portal das Palabras, o proxecto web para a modernización e divulgación do léxico galego da RAG e a Fundación Barrié. Afouteza pode referirse á disposición de quen actúa sen temor ás dificultades ou perigos ou á seguridade que demostra unha persoa en si mesma. -
Increméntanse ata 650.000 euros o financiamento público para a produción nas artes escénicas en 2018
A convocatoria supón un incremento do 7.6% respecto á de 2017 e contempla espectáculos de pequeno, mediano e gran formato, así como propostas de compañías de nova creación. Introdúcense elementos de discriminación positiva para garantir un mínimo de dous espectáculos de danza. -
O sábado 23 de decembro, ás 20,30 h., na igrexa de Santiago-A Nova, o Orfeón Lucense ofrece o seu Concerto de Nadal, nun acto no que tamén vai intervir o Coro de Nenos da Parroquia, dirixido por Luis Varela Castiñeira.


