Ana Sastre Soriano, naceu o 9 de abril de 1951, en Las Navas del Marqués (Ávila), ainda que vive en Galicia dende os 21 anos.
É artesana, escultora, polifacética...
FORMACIÓN
Mestra e diplomada en Educación Física, Música e Plástica....
Rodim
General
Manuel Rodríguez Díaz naceu o 24 de novembro de 1938 en Sarria (Lugo).
CURRÍCULUM
De formación autodidacta, comenzou a pintar ós catorce anos, conseguindo os seus primeiros premios nos Certames Xuveniles de Arte, organizados pola Delegación Nacional da Xuventude.
Nos anos sesenta, comeza a pintar á espátula, cunha técnica moi personal e depurada e que segue utilizando actualmente.
A súa obra atópase repartida por toda Galicia e grande parte de España.
No ano 1996, pintou un óleo de grandes dimensións por encargo do Concello de Sarria, co gallo da restauración da Casa Consistorial, onde se atopa exposto.
Durante un período de vintecinco anos, permaneceu inactivo na pintura, por adicarse á docencia en centros privados de Ensinanza media, nos que impartía clases de debuxo. Dende hai sete anos, imparte clases de pintura nos Talleres Municipais de Sarria.
A súa temática preferida é a paisaxe, se ben realiza tamén outros temas como a mariña, o retrato, o bodegón e temas de composición e costumbrismo.
A súa obra caracterízase pola grande luminosidade e colorido, así como un desbordante realismo.
Practica outras técnicas como son o pastel e o temple mural ó ovo (técnica moi clásica utilizada na antigüidade polos Exipcios) que tamén realiza con espátula.
No ano 1996, o Concello de Sarria, organiza unha exposición de homenaxe a cinco pintores sarrianos do século XX, entre os que se inclúe a RODIM. O evento tivo lugar na Sociedade La Unión, de Sarria.
EXPOSICIÓNS
Na actualidade, expón a súa obra en Barcelona, Tarragona e distintas localidades de Galicia. Participou ultimamente en exposicións colectivas no estranxeiro, Dinamarca e Miami (Estados Unidos).
Actualmente ten exposta a súa obra, con carácter permanente, na súa galería privada da Rúa José Antonio, en Sarria.