Elisardo Daniel Barcala Dorado
EXPOSICIÓNS
1998. Sala de Exposicións da Facultade de Filoloxía, Campus de Elviña, A Coruña.
1998. Na UNED, organizada polo INGABAD na Coruña, Exposición Colectiva permanente "En Galego con Humor...
Bonome, Manuel
General

Manuel Bonome naceu o 14 de maio de 1926 en Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña).
É un dos artistas galegos máis representativos. Naceu na rúa Garcia Prieto, parroquia da Nosa Señora da Mercé de Conxo, que na actualidade se converteu nun dos barrios de maior expansión urbana da cidade de Santiago de Compostela, sen perde-los seus valores tradicionais. O prestixioso taller do seu pai foi a primeira escola do artísta, o seu pai estimulao e dalle a posibilidade de expresa-la súa arte, amparándose no que lle dicia a súa imaxinación. O mozo Manuel Bonome ten a posibilidade de aprender dos vellos é sabios mestres que formaban o persoal rexentado polo seu proxenitor. É un privilexio que contribuirá á madureza do seu inquieto espirito. O segredo do seu propio destino artístico está naquel taller familiar, o recordo do cal latexa na súa memoria. Tamén contribúen á súa formación os estudios na Escola de Artes do Claustro de profesores do que forma parte anos máis tarde.