Gulín, Manuel
General
Manuel Gulín naceu en 1943, en Ribadavia, Ourense.
FORMACIÓN
Estudios de Historia da Arte na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Complutense de Madrid, e de debuxo, pintura e modelado, na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo.
Avalía o labor diario, a realización cotián da obra, coma o recurso didáctico definitivo, na formación e evolución do concepto plástico.
OBRA
Presenta a súa obra en exposicións individuais en cidades da comunidade e intégrase en mostras colectivas que difunden a pintura galega fora do país.
Participa en certámes convocados por institucións privadas e oficiais e é autor de obra gráfica, algunha, publicada nos xornáis El Progreso e La Voz de Galicia así como nas revistas Lucus, Can sen dono e Atlántico expres.