CURRÍCULUM
Comeza a súa carreira artística ós 14 anos. Ós 15, recibe varias mencións especiais, en concursos de pintura realizados ó aire libre, así como algún premio en metálico.
Ós 16 anos preséntase a tres concursos de pintura ó óleo, obtendo o primeiro premio no Certame de Artes...
Dourado, Celso
General

Celso Dourado nace en 1960 en Barreiros (Lugo).
Á idade de 8 anos sofre un accidente que lle amputa ámbalas dúas mans, feito que marcará tanto a súa existencia como a propia obra.
Realiza estudos de Arte en Madrid, Lugo e A Coruña.
Expón con regularidade a partir dos anos 80 e colabora como ilustrador nalgunhas publicacións.
A finais dos oitenta, inicia un proxecto que lle ocupará varios anos, que consiste na creación dun espazo persoal, realizado con materiais de refugallo na meirande parte e ubicado nas proximidades da Praia das Catedrais. Albergará vivenda, obradoiro e unha exposición permanente.
A súa obra caracterízase pola utilización dunha figuración con tintes surrealistas, na que as mans son as súas protagonistas. Réndeselle un culto especial á liña en detrimento da cor.
É de salientar o emprego de técnicas non habituais como son o Pirogravado ou as “Boligrafías” (grafías feitas a bolígrafo).
A súa derradeira exposición, foi unha Retrospectiva, titulada “Arredor do Debuxo”, celebrada no Museo Provincial de Lugo.
CONTACTO
e-mail: eidodourado@gmail.com
Páxina web: www.celsodourado.com
Telf.: 982124451 - 982156121