Pasar al contenido principal

Gochi

General

Categorías: 
Ilustración

Gochi naceu o día 11 de novembro 1977 en A Coruña.

Comenzou en serio no mundo da banda deseñada fai uns 10 anos ao sacar o primeiro número do fanzine Cerditos de Guinea, despois empezou a participar nos concursos estatais de cómic onde acadou mais de 25 premios. Pero foi tras mandar unhas mostras á dirección artística da xa desaparecida revista infantil Golfiño, cando conseguiu publicar profesionalmente para ela debuxando as tiras de Trasmallo, adestrador de Piratas, das que tamén publicou dous álbums monográficos, a Santa Compaña e O tesouro de Carraxe.

Estas publicacións cristalizaron na creación da editorial Cerditos de Guinea Comics onde se adican a publicar obras en galego, contando con títulos como Gárgolas, Os cinco loitadores, Spirou e Fantasio ou Superlópez, Foi directivo da AGPI (asociacion galega de profesionales de la ilustracion), e responsable da organizacion da presenza galega en salóns de BD como Angouleme, Barcelona ou Pamplona.

PREMIOS
2002. 1º premio do "IV Concurso joven de cómics de Las Rozas (Madrid)", coa obra "Penurias escolares".
2002. 1º premio do "V Concurso de cómics del Ayuntamiento de Tomelloso" (Ciudad Real), coa obra "Otra salida".
2003. Mención especial do xurado no "VII certame de cómic e banda deseñada de Arteixo" (A Coruña) coa obra "As aventuras de Falcon Lois".
2003. Obra seleccionada na exposición “Jóvenes creadores 2003” (Salamanca).
2003. 1º premio no "I concurso de cómic e ilustracion La Ballena" (Parla, Madrid) coa obra "La entrevista".
2003. 1º premio no "V concurso snowboart-cómic" (LLeida) coa obra "Rider caído".
2003. 1º premio no "V concurso de banda deseñada de Moaña" (Pontevedra) coa obra "O meritorio".
2004. Obra seleccionada na exposición Fernando Quiñones (Cádiz).
2004. Finalista no “X concurso de cómic e ilustración de Albacete".
2004. 1º premio no "I concurso de cómic equal" (Palencia) coa obra "Sólo hago mi trabajo"
2004. 2º premio no "I certame de Banda Deseñada de Culleredo" (A Coruña) coa obra "Milagre".
2004. 2º premio no "VI certame de Banda Deseñada de Cangas" (Pontevedra) coa obra "Sentencia de morte".

CONTACTO
web: www.cerditosdeguinea.com
e-mail: info@cerditosdeguinea.com

Galerías

Galería
  • Ilustración