Pepa Mariño Rivas naceu en Pontevedra.
É licenciada en Dereito Autodidacta, realizou varios cursos relacionados coa pintura e utilización de materiais de reciclaxe. Traballos de escultura, pintura, tapiz, instalación…
EXPOSICIÓNS...
Garrido, Manuel
General
Manuel Garrido Pérez naceu na aldea de Freixo no concello de Sarreaus no ano 1973.
CURRÍCULUM
Manuel Garrido Pérez medrou nun fermoso paraíso natural ó que regresa de cando en vez cando as súas condicións laborais llo permiten. É por isto que continuamente na súa obra atopamos unha clara referencia ás formas naturais. Xa dende moi pequeno mostraba unha clara inclinación polas artes plásticas gañando diversos premios. Logo, paralelamente ós estudios de Bacharelato que cursou en Xinzo de Limia, asistíu durante dous anos a perfeccionar o debuxo artístico na Escola de Artes e Oficios de Verín co pintor ourensán José Corral Díaz.
En 1998 licénciase en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra e un ano despois comenza a desenrolar a súa actividade como profesor de educación plástica no Ensino Secundario ata o día de hoxe. Durante a súa andadura artística, ademáis das diversas exposicións tanto individuais como colectivas, preséntase a varios concursos de carteis gañando diversos premios. Paralelamente ó seu proxecto artístico, Lolo adícase tamén dunha maneira máis artesán a decorar as caretas de "peliqueiros" e "cigarróns" do entroido da comarca.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1992. Casa da cultura. Sarreaus (Ourense)
1993. Casa da cultura. Xinzo de Limia (Ourense)
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1994. "Expresionem Apertam". Museo Municipal de Ourense
1996. Galerie de Wégimont. Bélgica
1998. Escola Taller. Silleda (Pontevedra)
1998. "Kalkomanías". Facultade de Belas Artes. Pontevedra
1999. "Dez Diferencias". Teatro Principal. Pontevedra
1999. Cafetería "Universo". Pontevedra
2002. Murales "A terra e o Mar" baixo a dirección do pintor noiés Alfonso Costa. I.E.S. Virxe do Mar. Noia