Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Federación Galega de Bandas de Música anuncia 94 concertos no Xacobeo 21-22

A Xunta de Galicia cuadriplica este ano a súa colaboración coa Federación de Bandas de Música Populares coa intención de contribuír ao mantemento da actividade deste colectivo e programar un mínimo de 94 concertos no marco das actividades de verán do Xacobeo 21-22. Así se formalizou hoxe nun acto de sinatura de convenio entre o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente da entidade, Iván Estévez.

“As bandas de música populares son o berce da nosa cultura musical e nun momento de especial dificultade como este temos que facilitar o seu encontro co público”, indicou Román Rodríguez.. Por iso, o convenio –que ascende a 400.000 euros– fará posible levar a cabo, o programa ‘O país das bandas’ que posibilitará levar a cabo preto dun centenar de concertos entre xuño e setembro. Están chamadas a participar todas as bandas galegas, tanto federadas como non federadas, que suman preto de 5.000 instrumentistas, con recitais que se distribuirán por todo o territorio galego. Un terzo do programa será con obras de autoría ou temática galegas.

O calendario de concertos que deseñará esta Federación complementará e enriquecerá a oferta cultural do Xacobeo 21-22, sumándose aos actuais circuítos e redes que xa están en marcha ou que se activarán proximamente por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade: a Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Música ao Vivo, Cultura no Camiño ou FEST Galicia, entre outros.

Maior visibilidade para o público

Como expresou o conselleiro, polo seu alcance social e xeográfico, este ciclo será o eixo central da colaboración da Xunta deste ano coa Federación, pero non a única. De feito, tamén se dará continuidade ao Concurso de Composición (seccións infantil, xuvenil, primeira, segunda e terceira), ao que poden concorrer persoas de calquera procedencia, sempre que presenten obras orixinais e inéditas sobre temática galega. “A nosa intención é incrementar cada vez máis o repertorio musical de autoría galega para ser interpretado especificamente por bandas”, expresou.

A dixitalización do traballo das bandas populares é outra das accións que se levarán a cabo. Así, crearase un espazo de xestión integral que permita levar a cabo diferentes comunicacións internas e externas. Esta plataforma será a “canle idónea”, indicou o conselleiro, para todos os trámites federativos, formalizar inscricións en certames e festivais e obter informes e estatísticas, pero funcionará así mesmo como un espazo de libre acceso para o público xeral para obter información sobre a música bandística. “Pretendemos contribuír a mellorar a visibilidade do traballo específico de cada formación e do labor xeral que realizan as bandas de música populares galegas no seu conxunto”, indicou.

Con esta colaboración enmarcada no Plan de Reactivación Cultural, a Xunta dá continuidade ao seu apoio á Federación Galega de Bandas de Música Populares como unha entidade que promove a cultura galega a través do fomento deste tipo de música e actúa como centro para o desenvolvemento e administración de información, educación e divulgación das formacións que agrupa e da que as bandas de música forman parte desde hai máis de 100 anos.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información