Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece a estrea en Santiago do espectáculo Hamelin
    Redrum Teatro estrea a vindeira semana en Santiago de Compostela o seu décimo sexto espectáculo, Hamelin, que representará o xoves 23 e o venres 24 dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios no Teatro Principal. Así o explicou o director de AGADIC, Jacobo Sutil, na presentación destas representacións públicas de Hamelin, dirixida por Alex Sampayo a partir da premiada obra de Juan Mayorga, quen ten confirmada a súa asistencia á función do día 24. Machi Salgado, Belén Constenla, Guillermo Carbajo, Mónica García, Roberto Leal, Rubén Porto e Fran Lareu conforman o elenco.
  • O Museo de Belas artes da Coruña reivindica a influencia galega na obra de Picasso na grande exposición de máis de 100 pezas que inaugura en marzo
    'Picasso, branco no recordo azul' reivindica a pegada galega na traxectoria do artista a través dunha escolma de 120 pezas, moitas delas representativas do seu período de formación na Coruña e da súa etapa de madurez e consagración. Trátase dunha mostra que se enmarca na programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023 impulsada polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso, con Telefónica como empresa colaboradora.
  • A Rede de Música ao Vivo presenta 83 novos concertos en 11 salas da nosa comunidade
    A Rede Galega de Música ao Vivo achégalle ao público dunha decena de localidades galegas a súa nova programación, configurada por 83 concertos de moi variados estilos que terán lugar ata finais de setembro en 11 salas: A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro), Sala La Room (Ferrol), Pub Gatos (Melide), Guión Clube (Pontedeume) e Borriquita de Belém e Casa das Crechas (Santiago de Compostela), na da Coruña; o Club Clavicémbalo da capital lucense, na de Lugo; Cafe Cultural Auriense (Ourense) e A Arca da Noe (Vilar de Santos), na de Ourense; e Sala Krazzy Kray (Cambados) e La Fábrica de Chocolate Club (Vigo), na de Pontevedra.
  • Os museos galegos programarán este ano 68 exposicións tras recuperar os niveis previos á pandemia
    Os 12 museos públicos galegos ofrecerán un total de 68 exposicións, despois de vivir un “gran” 2022, ao recuperar niveis de visitantes previos á pandemia -con preto de 400.000- e triplicar as cifras de 2009. O calendario de actividades conta con propostas ao redor de grandes artistas e que, ademais de exposicións, haberá “iniciativas que situarán a Galicia no mapa de importantes efemérides culturais nacionais e internacionais”, en referencia a citas como o Ano Picasso, os aniversarios do CGAC e o Museo de Viladonga, os centenarios do poeta Carlos Oroza e do Seminario de Estudos galegos e o 50 aniversario do pasamento de Urbano Lugrís, entre outras.
  • O cinema galego estará representado por primeira vez con tres películas na Berlinale
    Trátase dos filmes 'Matria', de Álvaro Gago, 'Sica', de Carla Subirana, e 'Samsara', de Lois Patiño, cuxa promoción na mostra será reforzada cun acto especial arredor do cinema galego baixo a marca Films from Galicia. De feito, Galicia acapara tres das catro longametraxes de produción exclusiva española que están presentes no prestixioso festival. 'Galicia está a experimentar unha particular idade de ouro no audiovisual, con grandísimos profesionais en todos os eidos e indicadores como ter por primeira vez tres filmes representados na Berlinale nos falan deste bo momento', segundo expresou o titular de Cultura da Xunta.
  • O evento internacional de disciplinas de baile Vigo Porté chega á súa terceira edición
    A terceira edición do evento internacional de disciplinas de baile Vigo Porté vaise celebrar a vindeira primavera. Trátase dun dos eventos de danza de referencia en España e a nivel europeo, e regresará ao Auditorio Mar de Vigo os días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio, ampliando a competición por primeira vez a catro días. Ata a data e desde a apertura de inscricións no mes de outubro, Vigo Porté 2023 xa superou os rexistros da pasada edición no que a número de centros de danza (37), participantes (850) e coreografías (370)
  • A oferta cultural galega de 2022 acada a súa mellor valoración histórica en calidade e innovación
    A oferta cultural galega en 2022 acada a súa mellor valoración histórica en calidade e innovación e sitúase como a sexta máis destacada de España. Así se desprende do ranking que vén de publicar o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, elaborado en base ás opinións de máis de 400 profesionais do sector de toda España. O informe sitúa a oferta galega entre as mellores. É a terceira comunidade que máis puntos sobe, un total de 7,7 máis.
  • A exposición 'Xuventude Crea, máis dunha década' remata con máis de 35.000 visitas recollidas e un coloquio final
    A exposición itinerante 'Xuventude Crea, máis dunha década' pecha o seu percorrido cun coloquio no centro Mans da Fundación Paideia, moderado pola comisaria da exposición, Alexandra Rodríguez Rey, e na que participaron catro dos artistas gañadores: Sofía Rivas, Noelia Tojeiro, David Catá e Eva Antelo. Desde que comezou o seu percorrido, en maio do 2021, esta exposición, conformada por diferentes traballos de mozas e mozos galegos que participaron no programa Xuventude Crea, que promove o talento e a creatividade da mocidade galego, recibiu máis de 35.000 visitas.
  • A Filmoteca de Galicia recibe os cineastas Cyril Schäublin e Albert Serra para presentar os seus premiados últimos traballos
    A Filmoteca de Galicia xa ten preparada a súa carteleira de febreiro, que desde mañá e ata finais de mes ofreceralle ao público cinéfilo 32 novas citas na súa sede da Coruña. Destacan, entre elas, as visitas do cineasta suízo Cyril Schäublin e do catalán Albert Serra para presentar as súas últimas e premiadas longametraxes. O primeiro deles estará na cinemateca da Xunta de Galicia este mesmo venres 3 con motivo dunha sesión dobre que dará comezo ás 18,00 h.
  • A Cidade da Cultura inaugura unha mostra bibliográfica sobre María Antonia Dans coa que conmemora o Día da ilustración
    María Antonia Dans (Oza dos Ríos, 1922- Madrid, 1988) pasa a súa infancia en Curtis, rodeada dunha paisaxe que estará moi presente na súa obra. En 1939 trasládase á Coruña, cidade onde empeza a desenvolver a súa faceta artística grazas a Lolita Díaz Baliño, a súa mestra durante cinco anos. Na cidade herculina realiza en 1950 a súa primeira exposición, compartida coa súa compañeira de clase Gloria de Llano. En 1952 múdase a Madrid, onde asiste a clases por libre na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes. O seu interese por seguir perfeccionando a súa técnica e os seus coñecementos artísticos levaraa a Italia, despois de obter diversas bolsas de formación do Ministerio de Educación Nacional e de Asuntos Exteriores e da Fundación Juan March.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información